Louis-François Bertin

Modelo:BiografíaLouis-François Bertin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1766 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1841 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
former 10th arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGeneviève-Aimée-Victoire Boutard Editar o valor en Wikidata
FillosÉdouard Bertin, Armand Bertin, Louise Bertin, Geneviève Bertin Editar o valor en Wikidata
PaiFrançois Bertin Editar o valor en Wikidata
IrmánsLouis François Bertin de Veaux Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Bertin Editar o valor en Wikidata

Louis-François Bertin, coñecido como Bertin o Vello, nado o día 14 de decembro de 1766 en París e finado o 13 de setembro de 1841, foi un xornalista e escritor político francés.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Fillo dun secretario de Étienne François de Choiseul, chegou a ser director do Journal des Débats, que comprou en 1799 ao día seguinte do Golpe de Estado do 18 de brumario co obxectivo de defender ideas conservadoras. Baixo a súa dirección, e grazas á axuda de homes como Joseph Fiévée, J. L. Geoffroy, François-René de Chateaubriand, J. François Boissonade de Fontarabie, Conrad Malte-Brun ou Charles Nodier, este xornal obtivo un éxito inmenso e gozou de gran autoridade, especialmente en literatura. Nel comezaron a publicarse folletíns, e foi Bertin quen lle deu nome ao formato[1].

En 1800, sospeitoso de royalisme (realismo, afinidade monárquica), Bertin foi encarcerado no Temple e despois exiliado. Non puido volver a Francia até 1805. Despois, en 1811, foi desposuído da súa propiedade por decreto imperial.

Asumiu a dirección do xornal en 1814 e apoiou con calor a causa da Restauración. En 1815, acompañou a Lois XVIII a Bélxica e colaborou co Moniteur de Gand. En 1824, como Chateaubriand, retirou o seu apoio ao réxime por mor dunha política que se volveu impopular, polo que o Journal des Débats asumiu a defensa das doutrinas constitucionais. Despois de 1830, uniuse rapidamente a Lois Filipe e converteuse, xunto co seu irmán Pierre Louis Bertin, nun dos máis firmes partidarios da nova monarquía.

O pintor Ingres realizou o seu retrato en 1832. Exposto no Salón de París de 1833, este retrato converteuse agora nunha das súas obras máis famosas.

En 1804, adquiriu o Château des Roches, en Bièvres e organizou desde 1815 até a súa morte en 1841, un salón literario onde invitou a artistas como Victor Hugo e a súa amante Juliette Drouet, Charles Gounod, Héctor Berlioz, Jean-Auguste-Dominique Ingres., Franz Liszt e François-René de Chateaubriand que vivían non moi lonxe, na Vallée-aux-Loups. Este castelo converteuse, dende 1989, na Maison littéraire de Victor Hugo[2].

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Os seus dous fillos, Armand Bertin et Edouard Bertin dirixiron sucesivamente o Journal des débats após a súa morte. A súa filla Louise Bertin foi unha poeta e compositora de música.

  1. "Feuilleton". Volume 10. 
  2. "Présentation – Maison Littéraire de Victor Hugo" (en francés). Consultado o 2022-06-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jean-Paul Clément, Bertin ou o nacemento da opinión, ed. Fallois, 2018, 376 p.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]