Luisa Larraga Cacho

Modelo:BiografíaLuisa Larraga
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1970 (53 anos)
Zaragoza
Altura1,64 m
Peso45 kg
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
DeporteAtletismo

IAAF: 14261218 Editar o valor en Wikidata

María Luisa Larraga Cacho, nada en Zaragoza o 10 de decembro de 1970, é unha atleta aragonesa especializada en carreiras de fondo e medio fondo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi internacional co equipo nacional español 31 veces entre 1996 e 2006. Ten os récords de Aragón de 3000, 5000, 10 000 m lisos, medio maratón e maratón.[1] [2] Os seus equipos foron o CN Helios (1988-1992) o New Balance AC (1994-1996), o Adidas RT (1997-2003), o Puma Chapín de Jerez en 2004, At. Olímpo (2005-2008) e o Scorpio-71 dende 2009.[3] Entre as súas clasificacións destacan a vitoria do maratón de Valencia e a medalla de bronce por equipos no Campionato do Mundo de Medio Maratón en 1998 co equipo de España.

  • Campioa de España de campo a través (1991 e 2002)
  • Campioa de España de medio maratón (1998)
  • Campioa de España de 5000 m lisos (2004)
  • Campioa de España de 10 000 m lisos (2001, 2002 e 2004).[3]
  1. Luisa Larraga Cacho Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na Gran Enciclopedia Aragonesa.
  2. Récords da Federación de Aragón, na páxina web da Federación Aragonesa de atletismo (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Perfil Arquivado 27 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Real Federación Española de Atletismo (en castelán).