MacDill Air Force Base | |||
---|---|---|---|
Sumario |
A MacDill Air Force Base (AFB) (IATA: MCF, ICAO: KMCF, FAA LID: MCF) é unha base aérea activa da Forza Aérea Estadounidense, localizada aproximadamente a 6,4 km ao suroeste de Tampa, en Florida. É a sede do 6º Air Mobility Wing (6 AMW) do Air Mobility Command (AMC), parte da décimo oitava Forza Aérea (18 AF) do AMC.
A 6º Air Mobility Wing está dirixida polo Coronel Scott V. DeThomas.[1] O xefe de comando da Air Mobility Wing é o Sarxento Tommy Mazzone.[2]
A MacDill AFB acolle a 6º Air Mobility Wing (6º Á de Mobilidade Aérea), asignada ao Air Mobility Command. Ademais de traballar con avións KC-135R Stratotanker e C-37A, a 6º AMW ten a máis de 3.000 traballadores baixo o seu mando, así como 50 institucións asociadas, que comprenden un persoal adicional dunhas 12.000 persoas. Entre esta organizacións atópanse o United States Central Command (USCENTCOM), o United States Special Operations Command (USSOCOM), o Special Operations Command Central (SOCCENT) e un destacamento do United States Africa Command (AFRICOM). MacDill tamén funciona como base do Aircraft Operations Center da National Oceanic and Atmospheric Administration. Os 3.000 membros do persoal da 6 AMW divídense en catro grupos, ademais do persoal máis próximo ao comandante.
A 6º AMW tamén comparte localización cunha á asociada, a 927º Air Refueling Wing (927 ARW) do Air Force Reserve Command (AFRC). A 6º AMW e a 927º ARW teñen asignado o mesmo tipo de avión, o KC-135 Stratotanker.
Segundo o Censo dos Estados Unidos do 2000, na MacDill AFB había 2.692 persoas, 638 casas, e 600 familias. A composición racial era dun 61,8% de brancos, 24,5% de afroamericanos, 12% de latinoamericanos, 0,6% de nativos americanos, 2.9% de asiáticos americanos, 0,4% das illas do Pacífico, 5,1% dalgunha outra raza, e 4,8% de dúas ou máis razas.
Das 638 vivendas, no 39,1% había algún residente menor de 18 anos, no 87,8% vivían parellas casadas, e no 1,5% había tan só unha persoa vivindo. No 88,5% había algún individuo de máis de 18 e en ningunha vivía só alguén maior de 65 anos. O número de habitantes medios por vivenda era de 3,75.