Manuela Ferreira Leite

Modelo:BiografíaManuela Ferreira Leite

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria Manuela Dias Ferreira Leite Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
169ª Ministro das Finanças (pt) Traducir
6 de abril de 2002 – 17 de xullo de 2004
Gabinete ministerial: XV Governo Constitucional de Portugal (pt) Traducir
Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Lisboa

Deputado da Asemblea da República de Portugal


Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Évora (pt) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade Técnica de Lisboa
Instituto Superior Técnico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Social Demócrata Editar o valor en Wikidata
Premios

Maria Manuela Dias Ferreira Leite, nada en Lisboa o 3 de decembro de 1940, é unha economista e política portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Aínda que se criou en Costa da Caparica, estudou bacharelato en Lisboa, nos institutos Maria Amália Vaz de Carvalho e D. João de Castro. En 1963 licenciouse en Economía, polo Instituto Superior de Ciências Económicas e Financeiras da Universidade Técnica de Lisboa, onde conseguiu o premio á mellor alumna do curso e á mellor alumna das clases de Economía e de Política ultramarina. Ao rematar a carreira acada unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian para estudar os aspectos económicos da educación. Posteriormente simultaneou os cargos na universidade cos postos políticos, e o último posto que tivo dentro da vida educativa foi o de catedrática convidada no Instituto Superior de Xestión da Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnoloxías.

Percorrido político

[editar | editar a fonte]

No ámbito político, foi xefa de gabinete do ministro de Economía, Aníbal Cavaco Silva, entre 1980 e 1981), no goberno de Francisco Sá Carneiro. Volvería á primeira liña política dez anos máis tarde, en 1990, ao traballar como secretaria de estado de Orzamento, ás ordes de Miguel Beleza e tendo como primeiro ministro a Cavaco Silva. En 1991 deixa o posto logo das eleccións, ao ser elixida por primeira vez como deputada na Asemblea da República nas listas do Partido Social Demócrata na circunscrición de Lisboa. Durante o XII Governo Constitucional, tamén presidido por Cavaco Silva, foi nomeada secretaria de estado adxunta e de Orzamento, até 1993, e ministra de Educación, até a fin da lexislatura. Despois da paréntese dos gobernos do socialista António Guterres, en 2002 regresou como ministra de Estado e de Finanzas no goberno de José Manuel Durão Barroso, e converteuse na primeira muller en asumir ese cargo. Cando Durão deixou o seu cargo en 2004 e foi substituído polo tamén "social-demócrata" Pedro Santana Lopes, Ferreira Leite abandonou tamén o ministerio. Entre 2006 e 2008 foi membro do Consello de Estado portugués.

Ao asumir a presidencia da Comisión Política Nacional do PSD, en maio de 2008, converteuse na primeira muller en liderar un partido político en Portugal.

Ferreira e Leite e Galicia

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2009, no debate televisado co primeiro ministro José Sócrates, arremeteu contra os "españois metidos na política portuguesa"[1] e defendeu a paralización das obras das liñas de alta velocidade que unirían Portugal con Galicia e con Madrid.

  1. "Não gosto dos espanhóis metidos na política portuguesa" - Presidente do PSD sobre o TGV, RTP, 13.9.09 (consultado 17.9.09) "Copia arquivada". Archived from the original on 12 de setembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]