(2021) | |
Nome orixinal | (pt) Maria Isabel Barreno de Faria Martins |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xullo de 1939 Lisboa, Portugal |
Morte | 3 de setembro de 2016 (77 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora |
Premios | |
Maria Isabel Barreno de Faría Martins, nada en Lisboa o 10 de xullo de 1939 e finada na mesma cidade o 3 de setembro de 2016, foi unha escritora, ensaísta, artista plástica e xornalista portuguesa.[1]
Naceu en Lisboa, na freguesía do Socorro. Os seus pais moraban no Areeiro, onde pasou a súa infancia e adolescencia.Aos 6 anos ficou doente na casa, comezando a ler moito a partir desa altura. Estudou no Colexio do Sagrado Corazón de Maria de Lisboa, onde fixo a primaria até á conclusión do ensino secundario. Entrou na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde se licenciou en Ciencias Histórico-Filosóficas.
Despois de se licenciar, foi traballar para o Instituto de Investigación Industrial. O seu labor como investigadora seguiu no Instituto de Opinión Pública (1967-1969) e o Instituto de Estudos para o Desenvolvemento (1983-1988), así como na Unesco (1984- 1985).[2]
A principios da década de 1990, ocupou o poesto de xefa de redacción da edición portuguesa da revista Marie Claire e a partir de 1996 viviu en Francia, onde traballou como coordinadora do ensino do portugués e xornalista e Conselleira Cultural para os Asuntos do Ensino na Embaixada portuguesa en París.[3]
Dedicouse á causa do feminismo tendo feito parte do Movemento Feminista de Portugal xuntamente coas escritoras Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa, as Tres Marias, que publicaron Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional[4]), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias.[5]
O 8 de marzo de 2004 foi feita Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique.[6]