(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1981 (43 anos) Orlando, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Auburn Mount Zion Christian Academy (en) Edgewater High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marquis Antwane Daniels, nado o 7 de xaneiro de 1981 en Orlando, Florida, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.
Antes de xogar na universidade, fíxoo no Insituto Edgewater en Orlando antes de ser transferido a Mt. Zion Christian Academy, a mesma escola á que asistiu Tracy McGrady. Na Universida de Auburn, Daniels fixo 18,4 puntos, 6,2 rebotes, 3,3 asistencias e 2,3 roubos de balón por partido no seu ano sénior, sendo nomeado no segundo quinteto da Southeastern Conference e MVP (tamén o foi nas súas tempadas de sophomore e júnior).
Tras non ser drafteado, Dallas Mavericks fichoulle como axente libre, converténdose nunha das sorpresas máis agradables da tempada. Don Nelson confiou nel, e con poucos minutos en cancha (18,6 de media), os seus números foron de 8,5 puntos, 2,6 rebotes e 2,1 asistencias en 56 partidos, 15 deles de titular. Nos once últimos partidos da tempada regular fixo máis de 20 puntos por noite, anotando por encima dos 30 puntos en tres ocasións en pouco máis de tres semanas. O 2 de marzo de 2004 estivo preto de asinar o seu primeiro triplo dobre, anotando 14 puntos, 9 rebotes e 9 asistencias en 45 minutos ante Seattle SuperSonics. Na pretempada, asinou un contrato de 38 millóns por 6 anos cos Mavericks.
Na súa segunda tempada nos Mavericks, apareceu en 60 partidos, 17 de titular, facendo 9,1 puntos, 3,6 rebotes, 2,1 asistencias e 1.38 roubos en 23,5 minutos de xogo. Anotou en dobres figuras en 28 ocasións e por encima dos 20 puntos tres veces. Ao ano seguinte, os seus números eran semellantes aos dos seus dúas primeiras campañas na liga, estancándose no seu xogo e sen chegar a estoupar como se lle presumía na súa tempada de rookie.
O 6 de xullo de 2006, foi traspasado a Indiana Pacers a cambio de Austin Croshere. En Indiana, debido ás lesións só puido disputar 45 partidos, contando pouco para Rick Carlisle con 17.8 minutos en cancha. Nese tempo, os seus números foron de 7.1 puntos e 1.8 rebotes por partido.
O 1 de setembro de 2009, Daniels asinou un contrato cos Boston Celtics.[1]
O 24 de febreiro de 2011, Daniels foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección protexida de segunda rolda do Draft de 2017.[2] Este traspaso axudou ós Celtics a reducir o seu imposto de luxo, e axudou ós Kings a aumentar o seu límite salarial para cubrir o mínimo requirido pola liga.[3] Este traspaso deulle ós Celtics ademais un trade exception e un óco no equipo.[4] Daniels non chegou a xogar cos Kings, e converteuse en axente libre o 1 de xullo de 2011.
Tras o remate do lockout da NBA de 2011, Daniels asinou de novo cos Celtics un contrato por un ano.[5]
O 25 de setembro de 2012, Daniels uniuse ós Milwaukee Bucks.[6]