(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Juana Moliner Ruiz 30 de marzo de 1900 Paniza, España |
Morte | 22 de xaneiro de 1981 (80 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Zaragoza Instituto Cardenal Cisneros |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafa, lingüista, arquiveira |
Empregador | Biblioteca de la Universidad Politécnica de Madrid - Biblioteca de ETSI Industriales (en) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Fernando Ramón Ferrando |
Sitio web | mariamoliner.com |
María Moliner, nada en Paniza (provincia de Zaragoza) o 30 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de xaneiro de 1981, foi unha bibliotecónoma e lexicógrafa española.
Filla dun médico rural. Licenciouse en Historia en 1921 (Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Zaragoza). Traballou como funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos[1] entre 1922 e 1970. Casou co catedrático de Física Fernando Ramón e Ferrando en 1925,[2] tivo 4 fillos. A súa candidatura á Real Academia Española en 1972 foi rexeitada.[3]
Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.[4]
Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952.[5] A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando na obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.
Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición, con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente".[Cómpre referencia]
No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento.[6]
En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Moliner na área de humanidades.[7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Moliner |