![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 ![]() Ebebiyín (España) ![]() |
Morte | 18 de xaneiro de 2017 ![]() Malabo, Guinea Ecuatorial ![]() |
Grupo étnico | Pobo fang ![]() |
Actividade | |
Ocupación | novelista, política, poetisa, xornalista ![]() |
Membro de | Real Academia Española (2015–) ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, ![]() ![]() |
![]() |
María Nsué Angüe, nada en Ebebiyín (Río Muni, Guinea Española) en 1945 e finada en Malabo o 18 de xaneiro de 2017, foi unha escritora e xornalista ecuatoguineana. En 2015 foi nomeada académica correspondente en Guinea Ecuatorial da RAE. Con frecuencia tratou na súa obra a opresión das mulleres. Foi especialmente coñecida por Ekomo, a primeira novela publicada por unha muller ecuatoguineana.
Nada nunha familia da etnia fang, emigrou cos pais a España con dez anos.[1] Alí realizou os seus estudos e iniciou a súa carreira literaria.
Regresou ao seu país en 1972. Alí estabeleceu a súa residencia e traballou no Ministerio de Información, Prensa e Radio. Ademais, alcanzou fama internacional como escritora, sobre todo en Europa e América Latina.
A súa obra máis importante é Ekomo, a primeira novela publicada por unha muller ecuatoguineana. Narra a historia dunha muller fang que, tras morrer o seu home, atrévese a romper con certos tabús da sociedade africana. A novela publicouse por primeira vez en 1985, e a editorial Sisal publicou unha segunda edición revisada en 2007. Ekomo gañou popularidade entre os estudosos e académicos pola súa escritura coidada e poética.
Angüe escribiu tamén relatos curtos, artigos e poemas, e deixou manuscritos inéditos. A opresión das mulleres e a sociedade africana poscolonial son temas frecuentes na súa obra. Parte dela está inspirada na literatura popular fang.
O 25 de xuño de 2015 a Real Academia Española nomeouna académica correspondente en Guinea Ecuatorial.
Finou o 18 de xaneiro de 2017 en Malabo aos 72 anos.[2]