Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1950 (74 anos) Madrid, España |
Residencia | Madrid |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) |
Educación | Universidade San Pablo CEU - Licenciatura en xornalismo, licenciatura en Dereito (1968–1973) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estudios de Prado del Rey Torrespaña (RTVE) San Sebastián de los Reyes |
Ocupación | xornalista, locutor, presentador de televisión, presentador de novas, comentarista deportivo |
Período de actividade | 1969 - |
Empregador | Atresmedia (1998–) RTVE (1969–1998) |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Matías Prats Chacón |
Pais | Matías Prats Cañete e Emilia Luque |
Premios | |
| |
Matías Prats Luque, nado en Madrid o 14 de novembro de 1950,[1] é un xornalista español, ó igual que o seu pai Matías Prats Cañete, e o seu fillo, Matías Prats Chacón.[2]
Licenciado en Dereito e en Xornalismo comezou a súa carreira na emisora de radio La Voz de Madrid. En 1975 pasa á canle pública La 2 de Televisión Española con Redacción Noche de Joaquín Arozamena.
Como xornalista deportivo estivo presente en acontecementos como 8 Xogos Olímpicos, Mundiais de Fútbol, o Torneo de Roland Garros, Wimbledon, a Copa Davis e torneos de golf coma o Masters de Augusta ou a Ryder Cup. En 1990 dirixe en TVE Estudio Estadio, do que era presentador entre 1981 e 1993 e máis tarde Fútbol de Primera e Sólo goles (1994).
En 1991 incorpórase como presentador á primeira edición do Telediario de Televisión Española. A canle de televisión Antena 3 fíchao en 1998, para presentar os informativos (Antena 3 Noticias) da edición do mediodía, para pasar a continuación á segunda edición, da que segue á fronte actualmente. En 2006, compaxina a presentación da segunda edición das noticias coa de Territorio Champions.
É fillo do coñecido xornalista Matías Prats Cañete e o seu fillo é Matías Prats Chacón. É coñecido tamén, no mundo publicitario, por anunciar La Cuenta Naranja do grupo holandés ING.
Premios | Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|---|
Premios ATV | 2012 | Mellor Presentador de Programas Informativos | Nomeado |
2009 | Mellor Presentador de Programas Informativos | Nomeado | |
2008 | Mellor Presentador de Programas Informativos | Nomeado | |
2007 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Gañador | |
2006 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Gañador | |
2004 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Gañador | |
2003 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Nomeado | |
2002 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Nomeado | |
2001 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Gañador | |
Premio Ondas | 1999 | Mellor Comunicador de Programas Informativos | Gañador |
1996 | Nacionais de Televisión: Mellor labor profesional | Gañador | |
TP de Ouro | 2011 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador |
2010 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2009 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2008 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2007 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2006 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2005 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2004 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
2003 | Mellor Presentador de Informativos | Gañador | |
Premios Protagonistas | 2002 | Protagonista do ano en Xornalismo | Gañador |