Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo, nada en Madrid o 3 de decembro de 1951, é unha política, politicóloga, historiadora e foi ministra do goberno de España.
É sobriña de Leopoldo Calvo-Sotelo, expresidente do Goberno, de Fernando Morán López, exministro de Exteriores, e sobriña-neta do físico Blas Cabrera.
É Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e desde 1996 Catedrática de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos na Universidade Complutense.
É deputada polo PSOE na circunscrición de Madrid desde 2004. Foi elixida como Presidenta da Comisión de Educación e Ciencia do Congreso dos Deputados. É membro do Consello Reitor da Fundación Pablo Iglesias e Presidenta da Asociación de Amigos da Residencia de Estudiantes. Tamén foi profesora do Colexio Estudo de Madrid.
O 7 de abril de 2006 foi nomeada Ministra de Educación e Ciencia de España, a proposta do Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero. En 2008 o seu ministerio mudou de nome e pasouse a chamar de Educación, Política Social e Deporte.
Está casada con Carlos Arenillas, vicepresidente da CNMV, e ten dous fillos.
Predecesor: María Jesús San Segundo |
Ministra de Educación, Política Social e Deporte 2006 - 2009 |
Sucesor: Ángel Gabilondo |