Microbioteríidos Microbiotheriidae Rango fósil: paleoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dromiciops gliroides | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Dromiciops gliroides Thomas, 1894 |
A dos microbioteríidos (Microbiotheriidae) é a única familia actual da orde dos microbioterios (Microbiotheria) que, até hai relativamente pouco tempo, críase extinto.[1]
Inclúe unha única especie actualmente viva, Dromiciops gliroides, chamada en Suramérica, onde habita, monito del monte, aínda que se coñecen outras especies en estado fósil.[1]
Son os marsupiais americanos máis próximos aos existentes en Australia (os australidelfos), xa que se trata dunha reinvasión de marsupiais ás terras de Gondwana, que acabaron converténdose na actual Suramérica.
O cranio aparece co rostro alongado e co óso nasal expandido caudalmente. Non aparece o proceso paraoccipital. O bulbo timpánico está moi desenvolvido e ocupa unha área relativamente grande da base do cranio.
A fórmula dentaria é a que aparece na táboa adxunta.
Fórmula dentaria | |||||||
i: | 5 | c: | 1 | p: | 3 | m: | 4 |
4 | 1 | 3 | 4 |
Son animais poliprotodontes cunha dentición caracterizada por incisivos con forma de espátula, dispostos os da mandíbula superior en forma de arco.
Como na maior parte dos marsupiais, o cerebro, está relativamente pouco desenvolvido, para tratarse de mamíferos, con circunvolucións escasamente marcadas, aínda que os lóbulos están ben delimitados.
A orde foi descrita en 1889 polo naturalista arxentino Florentino Ameghino.[1]
O grupo foi tradicionalmente incluído en Marsupialia. Foi considerado como a orde Polyprotodonta por Reig et al. en 1987; e considerado como unha orde separada por Aplin e Archer (1987) e por Marshall et al. (1990).
Filoxenéticamente está relacionado cos marsupiais australidelfos (Spotorno et al., 1997; Burk et al., 1999.[1]
A familia fora descrita tamén por Ameghino, en 1887, no Bol. Mus. La Plata, 1: 6, e previamente incluída na familia dos didélfidos.[2]
Tanto o xénero Dromiciops, como a especie D. gliroides, describiunos o zoólogo británico Oldfield Thomas, no seu traballo "On Micoureus griseus, Desm., with the description of a new genus and species of Didelphyidae", publicado en Annals and Magazine of Natural History, Series 6, 14: 186 -187.[3][4]
A orde dos Microbiotheria foi coñecida temen polos sinónimos:[1]
Dromicipos gliroides reciniu tamén o nome de:[4]
O nome científico da orde, Microbiotheria, está foemado polos elementos do latín científico micro-, calco do grego antigo μικρο-, de μικρός mikrós, 'pequeno'; -bio, derivado do grego βίος bíos, 'vida', 'os viventes', e -theria, forma plural tirada do grego θηρίον thēríon, 'besta', 'animal salvaxe', 'fera' (e tamén 'animal terrestre', en oposicion ás aves e os peixes).[5] Vén a significar 'os pequenos animais'.
O nome da familia, Microbiotheriidae, está formado, como é a norma, sobra a base da raíz do seu xénero tipo, neste caso Microbiotherium, coa adición da desniencia -ĭdae, propia dos nomes de familia animais.
O nome do xénero, Dromiciops, refírese á semellanza entre este animal e o falanxero oriental, Dromicia nana (hoxe clasificado como Cercartetus nanus). O sufixo -ops, deriva da palabra do grego antigo ὤψ óps, que significa 'aspecto' ou 'aparencia', é dicir, 'os animais con aparencia de Dromicia".
O nome específico, gliroides, constrúse cos elementos do latín científico glir-, do latín glīs, glīrēs, 'leirón'.[6] e -oides, tirado do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, 'aspecto', 'aparencia'.[7] Literalmente, 'parecido ao leirón'.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microbioteríidos |