O Ministerio de Defensa de España é o departamento da Administración Xeral do Estado responsable da preparación, o desenvolvemento e a execución da política de defensa determinada polo Goberno de España, e de xestionar a Administración militar. Baixo a dirección do titular deste departamento atópanse as Forzas Armadas de España, coas súas tres compoñentes: o Exército de Terra, o de Aire e a Armada.
Segundo a Constitución Española de 1978 o Rei é o comandante en Xefe de todos os exércitos e o que pode declarar a guerra e facer a paz previa autorización do Congreso dos deputados, sendo este acto debidamente referendado polo presidente do goberno; pero correspóndelle ao poder civil representado polo Ministro de Defensa determinar:
No Congreso dos Deputados o Ministro de Defensa séntase ao carón do vicepresidente do Goberno por ser considerado o herdeiro do ministerio español máis antigo.