Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1914 Dolyna, Ucraína |
Morte | 14 de decembro de 2000 (86 anos) Lviv, Ucraína |
Lugar de sepultura | Catedral de San Xurxo 49°50′19″N 24°00′46″L / 49.83864, 24.01275 |
Cardeal | |
25 de maio de 1985 – | |
Arcebispo católico | |
7 de setembro de 1984 – ← Yosyf Slipyi | |
Bispo diocesano | |
13 de setembro de 1979 – ← Joseph Michael Schmondiuk – Stefan Sulyk → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo ucraíno |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificio Instituto Bíblico Pontificia Universidade Gregoriana Collegium Canisianum |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1979–), sacerdote católico (1938–), diácono (1938–) |
Consagración | Xoán Paulo II, papa |
Premios | |
Myroslav Ivan Liubachivskyi (en ucraíno: Мирослав Іван Любачівський), nado o 24 de xuño de 1914 en Dolyna (Austria-Hungría, hoxe Ucraína) e finado o 14 de decembro de 2000 en Lviv,[1] foi un eclesiástico católico, cardeal e arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína dende 1984 até a súa morte.
Naceu en Dolyna, unha vila de Ucraína Occidental, fillo de Evstakhii e Anna, de apelido de solteira Oliinyk.[1][2] Estudou Filosofía e Teoloxía no seminario de Lviv, e posteriormente en Innsbruck. Foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Lviv o 21 de setembro de 1938[1][2] polo metropolita Andrei Sheptytskyi, e posteriormente doutorouse en Teoloxía, cursou estudos bíblicos no Pontificio Instituto Bíblico e de filosofía na Gregoriana.[2] Logo da segunda guerra mundial non puido volver a Ucraína, e emigrou aos Estados Unidos,[2] onde desempeñou o seu labor na Igrexa dos Santos Pedro e Paulo de Cleveland (a partir de 1949), e a partir de 1968 como profesor no Seminario Católico Ucraíno San Xosafat de Washington. Ensinou tamén no St. Basil's College de Filadelfia e na St. Basil's Academy de Stamford.
O 13 de setembro de 1979 foi nomeado arcebispo de Filadelfia,[1][2] e recibiu a consagración episcopal o 12 de novembro de mans do papa Xoán Paulo II, nunha celebración polo rito bizantino.[1] O 7 de marzo de 1980 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv[1][2] xunto a Yosyf Slipyi, a quen sucedeu o 7 de setembro de 1984, converténdose en Arcebispo Maior de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína.[1]
No consistorio do 25 de maio de 1985 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal,[1] co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.
En 1989 as autoridades soviéticas levantaron a prohibición contra a Igrexa Católica Ucraína, e Liubachivskyi, xunto con outros xerarcas, volveu a Lviv dende o exilio o 30 de marzo de 1991.[3]
Finou o 14 de decembro de 2000,[1] e está enterrado na Catedral de San Xurxo de Lviv.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Joseph Michael Schmondiuk |
Arcebispo de Filadelfia 1979 – 1980 |
Sucesor: Stefan Sulyk |
Predecesor: Yosyf Slipyi |
Arcebispo de Lviv dos Ucraínos 1984 – 2000 |
Sucesor: Liubomyr Huzar |
Predecesor: Yosyf Slipyi |
Arcebispo Maior de Lviv 1984 – 2000 |
Sucesor: Liubomyr Huzar |