Grupo dos Cinco, representativos do nacionalismo musical ruso | |
País | Diversos territorios, principalmente de Europa e América. |
---|---|
Xénero | Clásica. Relacionado co romanticismo e a música tradicional de distintos pobos. |
Estilo | Música culta con influencia da música tradicional, folclórica e popular. |
Circunstancias de creación | Século XIX. Precursores do s. XVIII. |
O nacionalismo na música refírese ao uso de materiais recoñecidos como nacionais, en especial na música chamada culta ou clásica. Por exemplo, o uso directo da música tradicional, e o uso de melodías, ritmos e harmonías inspiradas nela. O nacionalismo tamén inclúe o uso do folclore como base para obras programáticas ou óperas.
O nacionalismo asóciase xeralmente ao romanticismo musical de mediados do século XIX, pero hai evidencias de precursores do nacionalismo durante todo o século XVIII. O termo tamén se usa a miúdo para describir a música rexional do século XX, especialmente de América Latina. Até hai ben pouco, o nacionalismo musical do XIX foi considerado como unha reacción contra o "dominio" da música romántica alemá.
Os países a miúdo relacionados co nacionalismo musical son Rusia (Mikhaïl Glinka e o Grupo dos Cinco), Bohemia (Bedřich Smetana e Antonín Dvořák), Noruega (Edvard Grieg), Finlandia (Jean Sibelius), Reino Unido (Edward Elgar e Frederick Delius) ou os Estados Unidos (Horatio Parker e Edward Mac Dowell).
As maiores referencias dos compositores do nacionalismo na Península foron o eixo Madrid-Andalucía, coas influencias do flamenco, e Cataluña, a mesma idea de Iberia (obra de Albéniz) ou a Galiza. En Portugal o estilo tivo menos influencia que no Brasil, con autores como Carlos Gomes, Heitor Villa-Lobos ou Francisco Mignone.
O primeiro introdutor deste estilo na Península Ibérica foi o compositor galego Marcial de Adalid.[1] Luísa Villalta resaltou a importancia dese movemento non só para a música en si, senón para a literatura do Rexurdimento e a creación de símbolos de Galicia.[2] Outro compositor do nacionalismo musical galego, xa no século XX, foi Rogelio Groba.
Felip Pedrell foi outro dos pioneiros, introdutor en Cataluña e en España das obras de Wagner (presentado en Portugal polo vasco-portugués António Arroio e os seus irmáns[3]). Como renovador do panorama musical catalán, Pedrell tivo un enorme prestixio e tivo alumnos como Enric Granados, Manuel de Falla, Isaac Albéniz e Lluís Millet entre outros. Foi, ademais, un precursor do nacionalismo catalán.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nacionalismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |