(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1981 (42 anos) Valencia, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Nani Jiménez Puerta, nada en Valencia o 9 de decembro de 1981, é unha actriz e modelo española, coñecida principalmente polo seu papel de Amaia na serie de televisión El Internado de Antena 3.
Nani Jiménez traballou como modelo nalgunhas campañas publicitarias e participou en varias películas de cine: Tres días, Sexykiller, morirás por ella, Lo que tiene el otro e películas para televisión, como El cas de la núvia dividida ou Mi último verano con Marián.
Alcanzou certa popularidade na Comunidade Valenciana ao interpretar un papel na serie L'Alqueria Blanca da televisión autonómica de Canal 9, onde interpreta a Asun Falcó.
En 2009 incorporouse á serie de televisión El Internado, na súa sexta tempada, interpretando a Amaia, unha brillante e atractiva alumna do Internado Laguna Negra, á que lle custa integrarse no grupo de amigos de Marcos, polo que se sente atraída. Permaneceu na serie desde finais da sexta tempada ata a sétima, cando finalizou.
En 2011 incorporouse ao elenco da 20ª tempada de Hospital Central onde interpreta a Ariadna, unha nova doutora que se incorpora ao Central no seu primeiro ano como residente ás ordes de Gimeno. As súas calidades e talento como médico non pasan desapercibidas, aínda que lle falta algo moi importante nesta profesión: a vocación. Ariadna esquiva os casos complicados para non ter que tomar decisións e evitar involucrarse cos pacientes cos que non ten empatía. Permanece na serie ata o seu fin.