(2005) | |
Nome orixinal | (ru) Наталия Михайловна Шнайдерман |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de maio de 1956 Riga, Letonia |
Morte | 2 de xullo de 2008 (52 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Outros nomes | Наташа Шнайдер Natasha Shneider |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, teclista, pianista, compositora |
Período de actividade | 1978 - 2 de xullo de 2008 |
Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, hard rock, música pop e heavy metal |
Instrumento | Piano, teclado, baixo, voz e teclado |
Selo discográfico | Melodiya (pt) Sire Records Ipecac Recordings Rekords Rekords (pt) A&M Records Motown MCA Records Interscope Records |
Familia | |
Cónxuxe | Alain Johannes (–2008) |
|
Natasha Shneider, nada en Moscova o 22 de maio de 1956 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo do 2008, foi unha música rusa, que destacou como teclista e vocalista da banda Eleven, onde tocaba tamén o seu marido Alain Johannes. Tocou tamén o baixo nos tres primeiros álbums da banda.
Shneider e o seu marido contribuíron no álbum de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf e uníronse á banda durante a xira de promoción do álbum de 2005 Lullabies to Paralyze. Tamén compuxeron, interpretaron e produciron con Chris Cornell para o seu traballo en solitario de 1999 Euphoria Morning, e formaron parte da súa banda na xira posterior.
Shneider tamén actuou en dúas películas, facendo os papeis da cosmonauta rusa Irina Yakunina no filme 2010 (1984), e da estudante de intercambio polaca Wanda Yakubovska en Spiker (1986). Fixo tamén papeis secundarios nas series de televisión Miami Vice e Hill Street Blues.