Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1981 (43 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
|
Nerea Barros Noya, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1981, é unha actriz galega.[1]
Foi enfermeira de pediatría no CHUS, traballo que compaxinaba con pequenos papeis como actriz de cine e teatro.[2][3] Debutou no cine en 1997, no filme Nena, de Xavier Bermúdez, co que volveu traballar en 2008 no filme Rafael, nun papel polo que foi nomeada como mellor actriz na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo. No ano 2009 obtivo o seu primeiro papel relevante na pequena pantalla, interpretando a Sandra na serie de éxito da TVG Matalobos. En 2013 interpretou xunto a Ernesto Chao o filme O ouro do tempo e deuse a coñecer fóra de Galicia ao aparecer en dúas series de Antena 3: El secreto de Puente Viejo e El tiempo entre costuras.
En 2014 interpretou a Rocío no filme La isla mínima, papel que lle valeu o Premio Goya á mellor actriz revelación.[4] A continuación participou nas series El Príncipe, Hospital Real e Apaches, así como no filme A estación violenta, de Anxos Fazáns, papel polo que recibiu o seu terceiro nomeamento aos Premios Mestre Mateo. En 2018 interpretou a Pamela na primeira tempada da serie O sabor das margaridas.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor actriz revelación | La isla mínima | Gañadora |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actriz | Rafael | Nomeada |
2014 | Mellor actriz | O ouro do tempo | Nomeada |
2017 | Mellor actriz | A estación violenta | Nomeada |