(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Nuria González Moreno 16 de maio de 1962 (62 anos) Málaga, España |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid (1987–) Málaga (1962–1987) |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escuela Superior de Arte Dramático de Málaga (en) (1980–1985) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , locutor , presentadora |
Período de actividade | 1983 - |
Empregador | Q8254729 (1983–1987) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Nuria González, nada en Málaga o 16 de maio de 1962, é unha actriz española.
Traballou en varios filmes, obras teatrais, series e programas de televisión. Porén, son os seus traballos televisivos os que lle deron maior popularidade, especialmente, é coñecida polos seus papeis de Adela en Manos a la obra e Candela en Los Serrano. Presentou o concurso El rival más débil e colaborou nos espazos de humor La corriente alterna e El club de la comedia interpretando varios monólogos.
Tamén actuou en series como Todos los hombres sois iguales, Padre Coraje, ou ¿Quién da la vez?, e en obras de teatro como 5mujeres.com, que se representou no Teatro Alcázar de Madrid, Bodas de sangre, Cinco cubiertos, Fiestas gordas del vino y del tocino, Orgía ou María Sarmiento.
A súa carreira cinematográfica abarca títulos coma Perro, ¿Qué Miras? (1995), El amor perjudica seriamente la salud (1996), Los 7 pecados capitales (1997), Señores de Gardenia (1998), El milagro de P. Tinto (1998), Gente Pez, (2001), Padre Coraje (2002) e Torremolinos 73 (2003), entre outras moitas.
Recibiu ademais premios como o de mellor actriz secundaria por El Calentito no Festival de Cine Español de Málaga.