Oh Hiroshima | |
---|---|
Orixe | Kristinehamn, Suecia |
Período | 2007 - presente |
Xénero(s) | post-rock, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Napalm Records |
Membros | Jakob Hemström Oskar Nilsson Simon Axelsson |
Antigos membros | Leif Eliasson |
Na rede | |
Bandcamp | |
Oh Hiroshima é unha banda sueca de post-rock procedente de Kristinehamn e fundada en 2007 por Leif Eliasson e Jakob Hemström, aos que se lle uniron pouco despois Simon Axelsson e o irmán de Hemström, Oskar Nilsson.[1] O grupo destaca pola súa tenue instrumentación electrónica, texturas de guitarra abstractas, e uso de paisaxes sonoras vocais.[2]
O grupo comezou sendo un proxecto experimental musical entre Eliasson e Hemström, Nilsson uniuse oficialmente á banda como batería en 2011, durante o proceso de composición do seu álbum de estrea, Resistance Is Futile, tendo gravado antes o baixo co grupo.[1] Axelsson incorporouse ese mesmo ano como baixista.[3]
Os primeiros lanzamentos de Oh Hiroshima foron os EPs demo Empty Places Full of Memories e Tomorrow, editados en 2009 e 2010, respectivamente. O seu primeiro álbum, Resistance Is Futile, foi autoeditado dixitalmente en 2011. O segundo, In Silence We Yearn, foi autoeditado dixitalmente en novembro de 2015, sendo reeditado en CD o 1 de xullo de 2016 a través do selo Fluttery Records.[2][4] Unha versión en vinilo apareceu o 2 de decembro dese ano editada a través de Napalm Records. No ano 2018 o álbum de estrea da banda tamén foi reeditado en formato físico, en CD o 22 de febreiro a través de Fluttery Record, e en vinilo o 7 de decembro a través de Napalm Records.
O guitarrista fundador Leif Eliasson deixou a banda en xullo de 2018. No mes de outubro dese ano o grupo anunciou que asinara un contrato co selo Napalm Records para o seu terceiro álbum, chamado Oscillation e editado o 26 de xullo de 2019.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Resistance Is Futile | 2011 | autoeditado |
In Silence We Yearn | 2015 | autoeditado |
Oscillation | 2019 | Napalm Records |