Operation Mincemeat

Operación Mincemeat
Ficha técnica
GuiónMichelle Ashford
Baseado enOperation Mincemeat, de Ben Macintyre
MúsicaThomas Newman
FotografíaSebastian Blenkov
MontaxeVictoria Boydell
Estrea2021
Duración128 minutos
OrixeReino Unido
XéneroDrama
Bélico
Recadación$7.8 millóns
LinguaInglés
Na rede
IMDB: tt1879016 Filmaffinity: 261551 Allocine: 278318 Rottentomatoes: m/operation_mincemeat Allmovie: am209922 Metacritic: movie/operation-mincemeat Editar o valor en Wikidata

Operation Mincemeat (tamén chamada The Weapon of Deception)[1] é un filme británico de drama bélico de 2021, dirixido por John Madden. Baséase no libro de Ben Macintyre sobre a operación Mincemeat durante a Segunda guerra mundial. A película está protagonizada por Colin Firth, Kelly Macdonald, Matthew Macfadyen, Penelope Wilton, Johnny Flynn e Jason Isaacs.

Foi estreada mundialmente no British Australia Film Festival de 2021 e no Reino Unido o 15 de abril de 2022 pola Warner Bros. Foi lanzada en Netflix para América do Norte e América Latina o 11 de maio de 2022.

Durante a Segunda guerra mundial, dous oficiais de intelixencia británicos usan un cadáver e papeis falsos para burlar ás tropas nazis.

  • Colin Firth como Ewen Montagu
  • Matthew Macfadyen como Charles Cholmondeley
  • Kelly Macdonald como Jean Leslie
  • Penelope Wilton como Hester Leggett
  • Johnny Flynn como Ian Fleming
  • Jason Isaacs como John Godfrey
  • Simon Russell Beale como Winston Churchill
  • Paul Ritter como Bentley Purchase
  • Mark Gatiss como Ivor Montagu
  • Nicholas Rowe como David Ainsworth
  • Will Keen como Salvador Gómez-Beare
  • Alexander Beyer como Karl Kuhlenthal
  • Lorne MacFadyen como Roger Dearborn
  • Hattie Morahan como Iris Montagu
  • Alex Jennings como John Masterman
  • Mark Bonnar como St John Horsfall
  • Gabrielle Creevy como Doris Michael
  • Ruby Bentall como Connie Bukes
  • James Fleet como Charles Fraser-Smith
  • Nico Birnbaum como Alexis von Roenne
  • Markus Von Lingen como Adolf Clauss
  • Jonjo O'Neill como Teddy

Produción

[editar | editar a fonte]

En maio de 2019 anunciouse que a película sería dirixida por John Madden e protagonizada por Colin Firth.[2] Kelly Macdonald uniuse á película en outubro do mesmo ano.[3] En decembro de 2019, Tom Wilkinson, Matthew Macfadyen, Penelope Wilton entre outros tamén se uniron ao elenco.[4] [5]

A rodaxe comezou en decembro de 2019 entre Londres e Andalucía.[6] As localizacións inclúen unha escena de batalla na praia de Saunton en North Devon en febreiro de 2020 e unha escena en Málaga en marzo de 2021. [7]

Distribución

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2021, Warner Bros. International adquiriu os dereitos de distribución no Reino Unido.[8] O filme foi estreado en salas o 15 de abril de 2022.[9] [10] Netflix adquiriu os dereitos da película en América do Norte e América Latina, e foi lanzado no seu servizo de streaming neses territorios o 11 de maio de 2022. [11]

Recepción

[editar | editar a fonte]

No sitio web de críticas Rotten Tomatoes, o 90% das 21 críticas son positivas, cunha valoración media de 6,5/10. Metacritic, que utiliza unha media ponderada, asignou á película unha puntuación de 57 sobre 100 baseada en 6 críticos, indicando "críticas mixtas ou medias".

  1. "'The weapon of deception': a somewhat old story about the disinformation with which Hitler choked". newsrnd.com (en inglés). Consultado o 2023-03-05. 
  2. Wiseman, Andreas (7 May 2019). "Colin Firth To Star In John Madden WWII Story 'Operation Mincemeat'; FilmNation, Cross City & CAA Launch Sales — Cannes". Consultado o 2020-01-10. 
  3. N'Duka, Amanda (2019-10-22). "'Boardwalk Empire's Kelly Macdonald Joins Colin Firth In WWII Drama 'Operation Mincemeat'". Consultado o 2020-01-10. 
  4. Wiseman, Andreas (2019-12-06). "'Operation Mincemeat': Matthew Macfadyen, Penelope Wilton, Johnny Flynn & Tom Wilkinson Join WWII Drama". Consultado o 2020-01-10. 
  5. Andreeva, Nellie (2020-03-02). "Jason Isaacs To Star In CBS Drama Pilot 'Good Sam'". Deadline.com. Consultado o 2022-04-08. 
  6. Abbatescianni, Davide (2019-12-10). "John Madden ready to shoot Operation Mincemeat". Consultado o 2019-12-19. 
  7. "Netflix y Warner se reparten el estreno del último gran rodaje internacional de Málaga" (en castelán). 2021-03-04. Consultado o 2021-03-05. 
  8. Wiseman, Andreas (2021-03-02). "Netflix Strikes $15M North America & Lat Am Deal For Colin Firth WWII Movie 'Operation Mincemeat' — EFM". Consultado o 2021-02-02. 
  9. "Operation Mincemeat". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 2022-02-06. 
  10. Ritman, Alex (2021-12-14). "Warner Bros. Postpones U.K. Release of Colin Firth WWII Drama Operation Mincemeat as Omicron Soars (Exclusive)". Consultado o 2021-12-14. 
  11. Wiseman, Andreas (2021-03-02). "Netflix Strikes $15M North America & Latin America Deal For Colin Firth WWII Movie Operation Mincemeat – EFM". Consultado o 2022-04-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]