(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1982 (41 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Altura | 170 cm |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Triplo salto |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
Patricia Sarrapio Martín, nada en Madrid o 16 de novembro de 1982, é unha atleta española especializada en triplo salto.[1] Competiu nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016.[2] Foi 12 veces campioa de España de triplo salto, cinco ao aire libre e sete en pista cuberta.[3][4]
Foi 28 veces campioa de España de triplo salto e dúas de salto de lonxitude, en distintas categorías, 12 delas na categoría absoluta. En 2006 gañou a medalla de ouro en triplo salto no Campionato Iberoamericano de Atletismo de Ponce, Porto Rico, por diante da colombiana Johanna Triviño e a brasileira Gisele de Oliveira.[5] Na edición de 2010, celebrada na localidade gaditana de San Fernando, conseguiu o bronce.
Competiu en dous Xogos Olímpicos (Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016).
É profesora de Educación Primaria nun colexio de Madrid. Polas tardes adestra, compaxinando a súa profesión coa súa actividade como atleta de alta competición.