Peter Bjorn and John | |
---|---|
Orixe | Estocolmo, Suecia |
Período | 1999-presente |
Xénero(s) | indie pop, indie rock, neopsicodelia, rock psicodélico |
Selo(s) discográfico(s) | INGRID, Warner Sweden, Kobalt Label Services |
Membros | Peter Morén Björn Yttling John Eriksson |
Na rede | |
peterbjornandjohn.com | |
Peter Bjorn and John é unha banda sueca de indie pop/rock formada en Estocolmo en 1999 e chamada así polos nomes dos seus membros, Peter Morén (voces, guitarra e harmónica), Björn Yttling (baixo, teclados e voces) e John Eriksson, coñecido polo seu trabalo en solitario como Hortlax Cobra (batería, percusión e voces). Yttling tamén traballou como produtor dos primeiros catro álbums do grupo.
Son principalmente coñecidos polo seu sinxelo de 2006 "Young Folks", que conta con Victoria Bergsman, antiba membro de The Concretes, e que foi top 20 na lista de sinxelos británica, ademais de aparecer nos videoxogos FIFA 08 e Lips, na película Bandslam, como tema de apertura do capítulo piloto de Gossip Girl e como sintonía de anuncios de Homebase e Air New Zealand. Foi nomeada por NME o segundo mellor tema de 2006, sendo batido por "Over and Over" de Hot Chip.[1]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Peter Bjorn and John | 2002 | Beat That! |
Falling Out | 2004 | Planekonomi, Hidden Agenda |
Writer's Block | 2006 | Wichita, Startime |
Seaside Rock | 2008 | Almost Gold, Startime |
Living Thing | 2009 | Wichita, Startime |
Gimme Some | 2011 | Cooking Vinyl, Startime |
Breakin' Point | 2016 | INGRID, Warner Sweden, Kobalt Label Services |