Pierre Fournier

Modelo:BiografíaPierre Fournier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1906 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista, profesor de música Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPaul Bazelaire e Gérard Hekking Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJean Fournier Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1447948 Musicbrainz: 8ce5c26a-9b10-4a8b-a41b-f12e58d1066e Discogs: 834051 Allmusic: mn0000168532 Editar o valor en Wikidata

Pierre Fournier, nado en París o 24 de xuño de 1906 e finado en Xenebra o 8 de xaneiro de 1986, foi un cellista francés, coñecido coma o "aristócrata dos cellistas" pola súa elegante musicalidade e o seu son.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun xeneral da armada francesa. A súa nai aprendeulle a tocar o piano, mais tivo un polio sendo un neno e perdeu parte da destreza dos pés e pernas. Tendo dificultades cos pedais do piano, cambiouse ao cello.

Graduouse no Conservatorio de París, onde estudou cos mestres Paul Bazelaire e André Hekking aos 17 anos, en 1923. Foi proclamado como "o cellista do futuro" e gañou loanzas polo seu virtuosismo e pola súa técnica do arco.

Acadou fama cando tocou coa Orquestra de Edouard Colonne en 1925, e andou de xira por toda Europa. Tocou con moitos dos máis prestixiosos e aclamados músicos do seu tempo, e gravou completas as pezas de música de cámara de Brahms e Schubert para a BBC en acetatos. Mais, as mesmas se deterioraron antes de que puideran ser transferidas a un medio máis duradeiro.

Fournier deu clases na École Normale de Musique en París e no Conservatorio de París dende 1937 a 1949. Fixo a súa primeira xira nos Estados Unidos en 1948 e tocou, con grande aclamación, en Nova York e Boston.

A partir de 1956 residiu en Suíza, aínda que sempre mantivo a súa cidadanía francesa. En 1963, nomeárono membro da Lexión de Honor.

Continuou tocando ata os 79 anos. Tamén seguiu dando clases particulares na súa casa en Xenebra: o cellista británico Julian Lloyd Webber está entre os seus discípulos.

O seu fillo Jean-Pierre chegou a ser pianista baixo o nome de Jean Fonda.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premio Grammy á Mellor Interpretación de Música de Cámara: