Polvo

Polvo
OrixeChapel Hill, Carolina do Norte,
Período1990 - 1998
2008 - 2013
Xénero(s)indie rock, noise rock, math rock, rock experimental, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)Merge Records, Touch and Go Records, Kitchen Puff Records
MembrosAsh Bowie
Dave Brylawski
Steve Popson
Brian Quast
Antigos membrosEddie Watkins
Brian Walsby
Artistas relacionadosHelium
Na rede
http://www.myspace.com/polvotheband
Facebook: polvoband MySpace: polvotheband Bandcamp: polvonc Spotify: 0pbIqPTefLfuOcbM2ojXdl iTunes: 1266761227 Last fm: Polvo Musicbrainz: a57e5515-555a-42d6-a92a-465deac3fdd1 Songkick: 169150 Discogs: 72115 Allmusic: mn0000294197 Editar o valor en Wikidata

Polvo foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Chapel Hill, Carolina do Norte. O grupo formouse en 1990 e está liderado polos guitarristas e vocalistas Ash Bowie e Dave Brylawski. Brian Quast toca a batería e Steve Popson o baixo. Eddie Watkins foi o batería orixinal da banda, pero non se uniu ao grupo na súa reunión en 2008.

Polvo é amplamente considerado como o abandeirado dun xénero que despois sería coñecido como math rock,[1] aínda que en entrevistas a banda rexeitou esa clasificación.[2] O seu son defínese por harmonías de guitarra complexas e disonantes, e un ritmo condutor, que complementan as letras crípticas, a miúdo surrealistas. O seu son era tan impredicible e angular que os guitarristas da banda era moitas veces acusados de fallar á hora de tocar con guitarras correctamente afinadas. As cancións de Polvo e as súas portadas adoitan a ter temáticas e referencias asiáticas ou exóticas.

A banda foi aclamada pola crítica dende o principio, polo menos entre aqueles críticos que se dedicaban ao rock underground ou menos tradicional. Ademais, a súa música tiña un profundo sentimento oriental, que procedía non só dos drones de estilo indio e de Oriente Medio nas súas composicións, senón tamén no uso de instrumentos orientais como o sitar.

Formación e primeiros lanzamentos

[editar | editar a fonte]

Polvo naceu no ano 1990 en Chapel Hill, Carolina do Norte. A súa formación orixinal estaba composta polos vocalistas e guitarristas Ash Bowie e Dave Brylawski, o baixista Steve Popson e o batería Eddie Watkins. Bowie e Brylawski coñecéranse nunha clase de español na Universidade de Carolina do Norte e compartían o mesmo gusto pola música editada polo selo SST Records e pola banda local Let's Active. A primeira gravación de Polvo foi Can I Ride, un dobre sinxelo de 7" publicado a través do propio selo da banda, Kitchen Puff Records, en 1991. Posteriormente foi reeditado en CD como o EP Polvo no pequeno selo independente Jesus Christ Records. A banda publicou dous álbums, dous EPs e varios sinxelos a través de Merge Records, un selo dirixido por Mac McCaughan de Superchunk, un compañeiro no instituto de Brylawski e Popson. Merge Records publicou o seu álbum de estrea, Cor-Crane Secret, en 1992. Today's Active Lifestyles apareceu en 1993, perfeccionando o enfoque do grupo, e a este seguírono dous EPs, Celebrate the New Dark Age e 1994 e This Eclipse en 1995. Today's Active Lifestyles foi posteriormente reeditado cunha portada alternativa sen a imaxe do león nela, por mor dunha demanda de dereitos de autor presentada polo debuxante do álbum.

A banda tamén fixo unha aparición na road movie de culto de 1994 Half-cocked.

Fama, dispersión e ruptura

[editar | editar a fonte]

Polvo xirou por América do Norte numerosas veces, incluídas saídas con Thinking Fellers Union Local 282, Pavement, Superchunk, Pipe, Sonic Youth, Unwound, Trumans Water, Sleepyhead, Trans Am, Dungbeetle e Spatula. A banda xirou dúas veces polo Reino Unido e unha por Europa, tocando con Sebadoh, Babes in Toyland e Superchunk.

Despois de que a banda fichase por Touch and Go Records publicou dous álbums. A súa estrea no novo selo foi o álbum de 1996 Exploded Drawing, un esforzo ecléctico e progresivo que comezaba a afondar máis explicitamente na fascinación dos guitarristas pola música asiática. O batería Watkins deixou amigablemente o grupo para pasar máis tempo coa familia, e o resto dos membros tamén comezaron a separarse. Brylawski mudouse á cidade de Nova York para asistir á escola de posgrao e tamén viaxou á India, mentres que Bowie xa se mudara a Boston en 1994 para unirse á súa entón moza, a líder de Helium Mary Timony. Polvo volveu a xuntarse en 1997 para gravar Shapes co novo batería Brian Walsby. Os dous lanzamentos con Touch and Go tiñan un son máis escuro e máis orientado ao rock progresivo en vez do seu anterior son máis post-punk. Os rumores que dicían que podería ser o seu derradeiro traballo demostraron ser certos cando a banda se separou amigablemente ese mesmo ano, rematando a súa xira de despedida con dous concertos no club da súa cidade natal Cat's Cradle.

Hiato e outros proxectos

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 Bowie publicou un álbum de gravacións caseiras a través do selo Tiger Style, chamado Yesterday...and Tomorrow's Shells, baixo o nome de Libraness. He has since appeared with (current Polvo drummer Brian Quast's band) the BQ's and recorded and toured with Fan Modine. Bowie and Quast had also been working on tracks for a new Libraness album. Brylawski later played in the North Carolina-based Indonesian music-influenced band Idyll Swords, which released two albums on Communion, and currently is a member of Black Taj, as is Steve Popson. Watkins played drums in Dr. Powerful, as well as Durham outfit, Stranger In The Valley of The Kings.

Polvo reformouse co novo batería Brian Quast, antigo membro de Vanilla Trainwreck e The Cherry Valence, despois de ser invitado a aparecer no festival All Tomorrow's Parties de 2008 e no Primavera Sound Festival de Barcelona. A banda tamén realizou varios concertos nos Estados Unidos, incluído un no Northwest Music Fest en Portland, Oregón. Un concerto realizado nun evento benéfico no Cat's Cradle en agosto de 2008, contando con novas cancións e versións reelaboradas de vellos temas, está dispoñible en liña para poder ser mercado.[3] Os beneficios do disco son destinados ao Tisch Brain Tumor Center da Universidade Duke, en memoria de Cy Rawls.

En 2009 Polvo volveu a fichar por Merge Records e publicou In Prism, o seu primeiro álbum de estudio en 12 anos.[4] O lanzamento do disco coincidiu co 20 aniversario de Merge Records, e Polvo realizou un concerto na honra do selo no Cat's Cradle en xullo.

En 2010 a banda xirou con Versus. En 2013 publicou o seu sexto álbum de estudio, Siberia.[5] O grupo non realizou ningún tipo de promoción para este lanzamento. O derradeiro concerto de Polvo ata a data foi en 2011.

O batería orixinal, Eddie Watkins, morreu o día 24 de abril de 2016 aos 47 anos de idade.[6]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Cor-Crane Secret 1992 Merge Records
Today's Active Lifestyles 1993 Merge Records
Exploded Drawing 1996 Touch and Go Records
Shapes 1997 Touch and Go Records
In Prism 2009 Merge Records
Siberia 2013 Merge Records
  1. Thill, Scott (2008-08-20). "What is Math Rock? Catch Polvo and Find Out". Wired (en inglés). ISSN 1059-1028. Consultado o 2019-11-23. 
  2. December 3, Chad Radford Wednesday; EST, 2008 12:04 am. "You can call Polvo math rock, but the numbers just don't add up". Creative Loafing (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 
  3. "Cytunes". web.archive.org. 2008-12-15. Archived from the original on 15 de decembro de 2008. Consultado o 2019-12-01. 
  4. "Polvo Sign to Merge for Reunion Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  5. "Merge Records". web.archive.org. 2013-09-25. Archived from the original on 25 de setembro de 2013. Consultado o 2019-12-01. 
  6. Hooley, Danny (2016-04-27). "Friends, Bandmates Remember Original Polvo Drummer Eddie Watkins". INDY Week (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-01.