Pooh's Heffalump Movie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pooh's Heffalump Movie |
Director | Frank Nissen |
Produtor | Jessica Koplos-Miller |
Guión | |
Baseado en | Personaxes de A. A. Milne |
Intérpretes | |
Música | Joel McNeely |
Montaxe | Robert Fisher Jr. Nancy Frazen Anthony F. Rocco |
Estudio | Walt Disney Pictures[1] Disneytoon Studios[2] Walt Disney Animation Japan |
Distribuidora | Buena Vista Pictures Distribution[2] |
Estrea | 11 de febreiro de 2005 |
Duración | 68 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | 20 millóns de dólares |
Recadación | 52,9 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://winniethepooh.disney.com/pooh-s-heffalump-movie | |
Pooh's Heffalump Movie é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Frank Nissen, producido por Disneytoon Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Está protagonizado polos personaxes de Winnie-the-Pooh escrito por A. A. Milne. O filme é o cuarto título da franquía Winnie the Pooh e a terceira adaptación de DisneyToon Studios das historias de Winnie the Pooh, logo de The Tigger Movie (2000) e Piglet's Big Movie (2003). Estreouse nos cinemas o 11 de febreiro de 2005. Tivo unha secuela de Halloween estreada directamente en vídeo e titulada Pooh's Heffalump Halloween Movie, a cal saíu sete meses despois do lanzamento deste.