Pride: The Royal Philharmonic Orchestra Plays U2 | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Royal Philharmonic Orchestra | ||||
Publicado | 1999 | |||
Gravación | Maio de 1998 | |||
Estudio(s) | CTS Studios, Londres | |||
Selo(s) | Music Club Records | |||
Produtor | Mike Townend, Gill Townend | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Pride: The Royal Philharmonic Orchestra Plays U2 é un álbum tributo á banda irlandesa U2 gravado pola Royal Philharmonic Orchestra en maio de 1998.[1] Foi editado o 20 de abril de 1999. Ao ser editado en 1999 non contén cancións máis recentes que o álbum Achtung Baby de 1991.[2][3] O álbum foi reeditado o 23 de xuño do 2003 baixo o título The Hits of U2.[4]
A carátula orixinal do álbum é unha parodia da carátula do álbum de 1988 Rattle And Hum.
Ao contrario dos anteriores álbums de tributo da Royal Philharmonic Orchestra, como o gravado en 1996 en tributo a Pink Floyd, Pride é un disco instrumental e non ten letra. Ten temas de cinco álbums de U2: War, The Unforgettable Fire, The Joshua Tree, Rattle And Hum, e Achtung Baby.