Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1791 Lerma, España |
Morte | 19 de outubro de 1863 (72 anos) |
Senador de España | |
Senador de España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Unión Liberal |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Ramón de Santillán González, nado en Lerma (Burgos), o 30 de agosto de 1791 e finado en Madrid en 1863, foi un político e militar español.
Membro dunha familia non moi acomodada de Lerma e matriculouse en Dereito na Universidade de Valladolid (1805). A Guerra da Independencia española interrompeu os seus estudos. Integrouse na reacción patriótica, incorporándose co grao de tenente (1809) na partida do cura Merino, na que chegou a alcanzar o de capitán.
Despois da guerra permaneceu no exército até 1824, cando foi depurado polo seu apoio ao goberno liberal durante o Trienio. En 1825 ingresou no Ministerio de Facenda chegando a ocupar cargos de responsabilidade durante a época de Mendizábal.
Pouco antes da caída da rexente María Cristina de Borbón durante a minoría de idade de Isabel II, foi nomeado Ministro de Facenda (abril de 1840 - xullo de 1841) ata que Baldomero Espartero accedeu á Xefatura do Estado. A pesar da súa saída como Ministro, continuou na facenda pública como home destacado, sendo chamado a formar parte da reforma fiscal que iniciou o ministro García Carrasco xunto a Alejandro Mon e Menéndez e outros destacados facendistas.
As súas achegas á reforma tributaria de 1845, aínda que atribuídas en moitas ocasións só a Mon, foron en gran parte froito da colaboración de ambos, cuxa sintonía en política tributaria era moi acentuada. Senador vitalicio na lexislatura 1845-46.[1] Nomeado de novo Ministro de Facenda por un breve período (28 de xaneiro a 28 de marzo de 1847), reformou o funcionamento do sistema bancario público español mediante a unificación do Banco de San Fernando e o Banco de Isabel II nunha soa entidade das que foi o seu primeiro gobernador (1849). Aínda que entón conservou o nome de San Fernando, converteríase no Banco de España. Foi substituído polo marqués de Salamanca.
As súas achegas á facenda pública española mereceron que en xaneiro de 1856 fose nomeado como primeiro gobernador do Banco de España, sendo ministro Francisco Santa Cruz Pacheco. Foi membro da Unión Liberal.
Cargo | Comezo | Remate |
---|---|---|
Ministro de Facenda | abril 1840 | agosto 1840 |
Ministro de Facenda | xaneiro 1847 | marzo 1847 |
Gobernador do Banco de España | xaneiro 1856 | novembro 1863 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón de Santillán |