Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Liga inferior | Primeira Rexional de Asturias |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
País | España |
A Rexional Preferente de Asturias é o quinto nivel de competición da liga española de fútbol en Asturias. É a división inmediatamente inferior á Terceira División Española e inmediatamente superior a Primeira Rexional, polo que se considera a primeira categoría autonómica. É unha categoría non profesional.
A Rexional Preferente de Asturias está integrada por un único grupo que conta en total con 20 clubs.
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Os 20 equipos do grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.
Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Rexional Preferente.
Unha vez finalizada a tempada regular, os tres primeiros clasificados ascenden automaticamente a Terceira División (Grupo II), este número pode variar en función dos ascensos que se produzan dos clubs asturianos en Segunda B, de maneira que aumentaría ata un máximo de sete.
Unha vez finalizada a tempada regular, os tres últimos clasificados descenden automaticamente a Primeira Rexional, este número pode variar en función dos descensos que se produzan dos clubs asturianos en Segunda B, de maneira que aumentaría ata un máximo de sete.
Tempada | Campión | Ascenso |
---|---|---|
1998/99 | CD Llanes | CD Llanes, Astur CF, CD Turón |
1999/00 | Pumarín CF | Pumarín CF, CD Trasona, Valdesoto CF |
2000/01 | SD Narcea | SD Narcea, San Lázaro, Condal CF |
2001/02 | CD Hispano | CD Hispano, UD Gijón Industrial, CD Covadonga |
2002/03 | UC Ceares | UC Ceares, CD San Martín, SD Lenense |
2003/04 | Navarro CF | Navarro CF, Andés CF, El Berrón CF |
2004/05 | Real Tapia | Real Tapia, Condal CF, CD Tuilla |
2005/06 | CD Llanes | CD Llanes, CD Cudillero, CD San Martín |
2006/07 | SD Colloto | SD Colloto, Real Tapia, Candás CF |
2007/08 | CD Mosconia | CD Mosconia, Nalón CF, UD Gijón Industrial, CD Covadonga[1] |
2008/09 | CD Praviano | CD Praviano, SD Colloto, Luarca CF |
2009/10 | Navia CF | Navia CF, Nalón, Real Oviedo Vetusta, Andés CF[2] |
2010/11 | CD Covadonga | CD Covadonga, SD Colloto, Pumarín CF |
2011/12 | CD Praviano | CD Praviano, Atlético de Lugones, L'Entregu CF, Urraca CF,[3] Real Tapia CF[4] |