Ride | |
---|---|
Orixe | Oxford, Inglaterra |
Período | 1988 - 1996 2001 2014 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, shoegazing |
Selo(s) discográfico(s) | Creation, Warner, Sire, The First Time, Wichita |
Membros | Andy Bell Laurence Colbert Mark Gardener Steve Queralt |
Na rede | |
http://ridemusic.net/ | |
Ride é unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1988 en Oxford. Estivo composta por Andy Bell, Mark Gardener, Laurence "Loz" Colbert e Steve Queralt, e inicialmente formou parte da escena "shoegazing" emerxida en Inglaterra a principios dos anos 90. Tras a separación do grupo en 1996, os membros movéronse a varios proxectos, entre os que destacou Andy Bell, que se converteu no baixista de Oasis. No ano 2001 a banda reuniuse brevemente para unha única actuación nun programa de televisión. O álbum de estrea da banda, Nowhere, é considerado un dos mellores traballos do xénero shoegazing, e foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 90", e o seu tema "Vapour Trail" foi elixida a 145 da lista das "200 mellores cancións dos 90", tamén de Pitchfork Media. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer.
O día 18 de novembro do 2014 anunciouse que Ride reuiríase novamente e realizaría unha serie de concertos por Europa e Norteamérica nos meses de maio e xuño de 2015.[1] Dende entón publicou dous álbums máis, Weather Diaries (2017) e This Is Not a Safe Place (2019).
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Nowhere | 1990 | Creation Records |
Going Blank Again | 1992 | Creation Records |
Carnival of Light | 1994 | Creation Records |
Tarantula | 1996 | Creation Records |
Weather Diaries | 2017 | Wichita Recordings |
This Is Not a Safe Place | 2019 | Wichita Recordings, Play It Again Sam |
Interplay | 2024 | Wichita Recordings |