Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1905 Shaftesbury, Reino Unido (pt) |
Morte | 25 de marzo de 1956 (50 anos) Beverly Hills, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | St Bartholomew's School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro , actor de cinema , actor de televisión |
Período de actividade | 1932 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Ann Isobel Noel McLean (1936–) |
Pais | Algernon Newton (pt) e Marjorie Emelia Rider (en) |
Premios
| |
|
Robert Newton, nado en Shaftesbury, Dorset, o 1 de xuño de 1905 e finado nos Ánxeles o 25 de marzo de 1956, foi un actor inglés.
A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.
Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.
Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham Vessel of Wrath: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).
Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.
Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.