![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ronald Franklin Asheton ![]() 17 de xullo de 1948 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 2009 ![]() Ann Arbor, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Pioneer High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , compositor de cancións , actor , letrista ![]() |
Período de actividade | 1963 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock e hard rock ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Selo discográfico | Virgin Records ![]() |
Familia | |
Irmáns | Scott Asheton (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ron Asheton (17 de xullo de 1948 - 1 de xaneiro de 2009)[1] foi un guitarrista estadounidense e coautor xunto a Iggy Pop na banda de rock The Stooges. Formou The Stooges xunto con Pop e o seu irmán, o batería Scott Asheton, e o baixista Dave Alexander. Acadou o número 29 na lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos da revista Rolling Stone,[2] aínda que na actualización da lista en decembro de 2015 pasou ao número 60.[3]
Naceu en Washington, D.C.[4] Asheton xa levaba cinco anos tocando o acordeón cando comezou a tocar a guitarra aos dez anos. Aos 13 anos a súa familia mudouse a Ann Arbor, Míchigan e tocou a guitarra nalgunhas bandas locais como Prime Movers e The Chosen Few (coincidindo brevemente con James Williamson, que despois estaría en The Stooges). Coñeceu a Iggy Pop pouco despois e xuntos formaron The Stooges.[5]
Asheton tocou a guitarra nos dous primeiros discos dos Stooges, pasandose ao baixo no terceiro, Raw Power, sendo substituído neste instrumento así como na autoría de cancións polo novo guitarrista da banda James Williamson. Unha vez reunidos de novo os Stooges, volveu a tocar a guitarra na banda.
Ademais dos Stooges, Asheton tamén tocou nas bandas The New Order (non confundir coa banda británica do mésmo nome, Destroy All Monsters, New Race, e máis recentemente xunto a Mike Watt, J. Mascis (de Dinosaur Jr.), Thurston Moore (de Sonic Youth) e Mark Arm (de Mudhoney) entre outros (como The Wylde Ratttz), na banda sonora para o filme de Todd Haynes Velvet Goldmine. Asheton tamén actuou, aparecendo xunto ao protagonista do filme A matanza de Texas Gunna Hansen en Mosquito que se estreou en 1995; así como noutros dous filmes: Frostbiter: Wrath of the Wendigo e Legion of the Night.
Asheton foi atopado morto na súa casa de Ann Arbor, Míchigan, o día 6 de xaneiro de 2009. Morreu uns días antes.[6]