Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1809 Torrey, Nova York |
Morte | 18 de febreiro de 1884 Austin, Texas |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade Wesleyana |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | naturalista, xeólogo |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Buckley |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
Samuel Botsford Buckley, nado o 9 de maio de 1809 en Torrey, Nova York,[1] e finado o 18 de febreiro de 1884 en Austin, Texas,[1] foi un xeólogo e naturalista estadounidense especializado en botánica e entomoloxía.[2]
Buckley graduouse na Universidade Wesleyana en 1836.
Estudou a florabotánica dos estados do sur dos Estados Unidos e descubriu moitas novas especies de plantas e caracois.
Foi xeólogo do estado de Texas entre 1860 e 1861, e determinou a altura do monte Buckley (que leva o seu nome) nas Great Smoky Mountains de Carolina do Norte, xunto con outros picos.
Foi o editor científico da State Gazette en Austin, Texas entre 1871 e 1872.
Escribiu numerosos artigos científicos e libros sobre árbores e arbustos norteamericanos.
O xénero Buckleya, da familia das santaláceas, que comprende especies de arbustos semiparasitos, leva o seu nome na súa honra.
A abreviatura Buckley emprégase para recoñecer a Samuel Botsford Buckley como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Samuel Botsford Buckley |