Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1872 Donostia, España |
Morte | 5 de decembro de 1939 (67 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Santa María Magdalena de Pazzis Cemetery (en) |
Comissário Residente de Porto Rico (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Partido político | Socialist Party (en) |
Santiago Iglesias Pantín, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1872 e finado en Washington, D.C. o 5 de decembro de 1939, foi un político e sindicalista galego, organizador do primeiro partido socialista de Porto Rico.
Estudou en Galicia e foi aprendiz de ebanista. Embarcouse en 1887 para Cuba. Na Habana participou na organización de actividades sindicais. En 1896 abandonou Cuba e embarcouse coa intención de viaxar a Inglaterra; non obstante, desembarcou en Porto Rico. En maio de 1897 fundou Ensayo Obrero. Foi encarcerado e pasou sete anos en prisión. Fundou o Partido Obreiro Socialista de Porto Rico e o Partido Socialista Portorriqueño, que representou no Senado dos Estados Unidos (1917-1932). Formou parte do primeiro Comité de Conferencias que dirixiu un Manifesto aos Traballadores da América Latina en 1918. Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Porto Rico en Washington, e interveu no Congreso dos Estados Unidos de América para reclamar unha lexislación federal para a illa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiago Iglesias |