Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1991 (33 anos) Meudon, Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Dudu | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Mauritania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 29 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Souleymane 'Dudu' Doukara, nado en Meudon, Francia, o 29 de setembro de 1991, é un futbolista francés, nacionalizado senegalés. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Leeds United da Football League Championship de Inglaterra.
Comezou a súa carreira profesional na tempada 2008-2009, xogando para Rovigo Calcio na Lega Pro Seconda Divisione.[1] Facendo o seu debut no primeiro equipo aos 16 anos de idade, xogou 7 partidos esa tempada, sen anotar goles. O seu club participou na tempada 2009-10 na Serie D, e Doukara tivo a súa primeira oportunidade de xogar como titular sempre; ao final do campionato logrou 36 aparicións.
Na tempada 2011-2012, Doukara foi transferido ao U.S. Vibonese Calcio, co que xogou 37 dos 42 partidos de liga, convertendo 13 goles.
Despois de impresionar aos cazatalentos da cuarta división italiana, Doukara asinou oficialmente co Catania da Serie A. Fixo o seu debut na Serie A o 16 de setembro de 2012, cando entrou como substituto de Alejandro Gómez contra a Fiorentina na derrota por 2-0 tras os goles de Luca Toni e Stevan Jovetic.[2] Na súa tempada inaugural na máxima categoría, fixo 12 aparicións.
Na tempada 2013-2014, é cedido ao S.S. Juve Stabia da Serie B. Xogou en 20 ocasións e marcou 6 goles.
O 11 de xullo de 2014 foi confirmado polo propietario do Leeds United, Massimo Cellino, que Doukara xogaría en calidade de préstamo durante toda a tempada 2014-2015, coa opción de asinar un acordo permanente.[3]
O 5 de abril de 2014 decidiu xogar coa selección de fútbol do Senegal, debido a que os seus dous pais son dese país.[4]
Club | País | Ano |
---|---|---|
Rovigo | Italia | 2008 - 2011 |
Vibonese | Italia | 2011 - 2012 |
Catania | Italia | 2012 - presente |
Juve Stabia (préstamo) | Italia | 2013 - 2014 |
Leeds United (préstamo) | Inglaterra | 2014 - |