![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1904 ![]() Zahínos, España (pt) ![]() ![]() |
Morte | 23 de xaneiro de 1999 ![]() Sevilla, España ![]() |
Q89547790 | autora de artigos no periódico Mujeres Libres |
Actividade | |
Ocupación | modista, anarcosindicalista, anarcofeminista (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Mujeres Libres ![]() |
Familia | |
Parella | Acracio Ruiz Gutiérrez ![]() |
![]() |
María Suceso Portales Casamar, nada en Zahínos (Badaxoz) o 4 de marzo de 1904 e finado en Sevilla o 23 de xaneiro de 1999, foi unha anarcofeminista estremeña. Destacou por participar en Mujeres Libres, organización dedicada á liberación das mulleres, e sobre todo na revista homónima. Ademais militaba en Juventudes Libertarias e na Confederación Nacional do Traballo.[1]
Traballou como modista e desde 1934 estivo activa no movemento anarcosindicalista. En 1936 colaborou no proceso da colectivización e participou no periódico Mujeres Libres. Cando estalou a Guerra Civil Española trasladouse a Guadalaxara, onde foi propagandista e asesora do campesiñado. Portales consideraba a guerra «un momento de dobre ruptura: da erradicación do "privilexio de clase" e da supremacía da "civilización masculina"».[2][3] O 20 de agosto de 1937 participou no I Congreso de Mulleres Anarquistas Confederadas e na organización da Granxa-Escola Sant Gervasi. En outubro dese ano tamén participou na Conferencia Nacional de Mujeres Libres en Barcelona.Destacou a participación de Suceso Portales na prensa, no periódico da agrupación. No artigo «Necesitamos una moral para los dos sexos» plasma os ideais de Mujeres Libres. Chegou a expresar nunha das editoriais:
«(...) Dúas cosas empezan a derrubarse no mundo por inicuas: o privilexio da clase que fundou a civilización do parasitismo, de onde naceu o monstro da guerra, e o privilexio do sexo macho, que converteu a metade do xénero humano en seres autónomos e a outra metade en seres escravos, creando un tipo de civilización unisexual: a civilización masculina, que é a civilización da forza e que produciu o fracaso moral a través dos séculos. (...)» Suceso Portales, Mujeres Libres, núm. 9, xullo de 1937.[4]
O fin da guerra en 1939 sorprendeuna no porto de Alacant, de onde conseguiu fuxir xunto a outras 183 persoas a Gran Bretaña a bordo do Galatea, pensando que meses máis tarde se retomaría a confrontación en España. Estabeleceuse un tempo no fogar da familia Peggy Spencer, en Londres, onde participou en diversas publicacións libertarias e contactou cos resistentes do interior.[1] En Londres participou en todas as manifestacións que se organizaban contra o franquismo (entre elas as que tiveron lugar durante as visitas dos ministros Fernando María Castiella en 1960 e Manuel Fraga en 1963).
En 1962 contactou con antigas compañeiras libertarias exiliadas en Francia e volveron editar o periódico Mujeres Libres, portavoz da Federación do Movemento Libertario Español no exilio. Lanzaron unha edición especial denominada Mujeres Libres en el Exilio.[5][6] En 1972 instalouse en Montadin, onde vivía Sara Berenguer, e encargouse da edición da revista até 1976.
Tras a morte de Francisco Franco volveu a España e organizou, xunto con Saturnino Mauricio, a CNT. Na década de 1980 instalouse en Novelda e colaborou na reconstrución de Mujeres Libres. O último acto no que participou foi en 1996, no 60º aniversario da fundación de Mujeres Libres. Posteriormente mudouse a Sevilla, onde morreu con 94 anos o 23 de xaneiro de 1999.[7]