Taeksi Unjeonsa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 택시운전사 |
Director | Jang Hoon |
Produtor | Park Un-kyoung Choi Ki-sup |
Guión | Eom Yu-na |
Intérpretes | Song Kang-ho Thomas Kretschmann |
Música | Jo Yeong-wook |
Fotografía | Go Nak-seon |
Montaxe | Kim Sang-bum Kim Jae-bum |
Estudio | The Lamp |
Distribuidora | Showbox |
Estrea | 2 de agosto de 2017 |
Duración | 137 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama e acción |
Orzamento | 15 billóns de KRW[1] (arredor de 13,8 millóns de dólares) |
Recadación | 88,7 millóns de dólares[2] (Corea do Sur) |
Na rede | |
Taeksi Unjeonsa (en coreano: 택시운전사) é un filme sucoreano de 2017 dirixido por Jang Hoon e escrito por Eom Yu-na. É un filme dramático e de acción[3] protagonizado por Song Kang-ho, xunto con Thomas Kretschmann.[4][5] Baséase nunha historia real e o filme céntrase nun condutor de taxi de Seúl que acaba por involucrarse sen querer no masacre de Gwangju en 1980. Baséase nas interaccións do xornalista alemán Jürgen Hinzpeter co condutor Kim Sa-bok; porén, como a identidade e o nome real de Kim eran descoñecidos no momento no que se fixo o filme (Hinzpeter só o coñecía como "Kim Sa-bok"), a maioría dos elementos referentes á súa vida persoal e ó que ocorreu fóra de Gwangju son ficticios.
O filme estreouse o 2 de agosto de 2017 en Corea do Sur.[6] Recibiu moi boas valoracións por parte da crítica que eloxiou a súa visión única dos eventos do masacre de Gwangju, o seu peso emocional así como o personaxe principal e a relación con Hinzpeter. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios,[7][8] mais finalmente non foi nomeado. O filme foi un grande éxito comercial, sendo o segundo filme de 2017 con maior recadación en Corea do Sur, e converténdose no décimo primeiro filme con maior recadación da historia do país.[9][10]