The Membranes

The Membranes
OrixeBlackpool, Inglaterra Inglaterra
Período1977 - 1990
2009 - presente
Xénero(s)punk rock, post-punk, noise rock
Selo(s) discográfico(s)Cherry Red Records, Creation Records, Vinyl Drip Records, Criminal Damage, Rondelet Records, In-tape, Constrictor, Glass Records, Clawfist
MembrosJohn Robb
Nick Brown
Peter Byrchmore
Rob Haynes
Antigos membrosMark Tilton
Coofy Sid
Martyn Critchley
Martin Kelly
Steve Farmery
Stan Batcow
Wallas Terror
Keith Curtis
Paul Morley
Na rede
themembranes.co.uk
Facebook: theMembranes Twitter: membranes1 Instagram: themembranes Bandcamp: membranes Musicbrainz: 23e8d124-6bc3-4382-b940-7dde5eedb818 Songkick: 366743 Discogs: 363425 Allmusic: mn0000474213 Editar o valor en Wikidata

The Membranes é unha banda inglesa de post-punk formada en Blackpool, Lancashire, no ano 1977. A súa primeira formación estaba composta por John Robb (baixo), Mark Tilton (guitarra), Martyn Critchley (voces) e Martin Kelly (batería).[1] Critchley deixou o grupo ao pouco tempo, encargándose Robb e Tilton das voces, e pasando Kelly moving aos teclados, incorporándose Coofy Sid para facerse cargo da batería.[1]

O seu primeiro lanzamento foi o flexi-disc "Flexible Membrane" en 1980, e nos seguintes once anos a banda publicaría seis álbums de estudio. O seu primeiro sinxelo, "Muscles", foi sinxelo da semana na prensa musical británica[1] e un grande éxito nos clubs de Nova York. Kelly deixou a banda despois de "Muscles", sendo substituído na guitarra por Steve Farmery para o seu seguinte traballo, o EP Pin Stripe Hype.[2]

A banda foi pioneira na escena do noise de vangarda de Big Black e Sonic Youth durante varios anos co seu aclamado sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder", o EP Death To Trad Rock e o seu álbum The Gift of Life.[2] Estaban destinados a ser a primeira banda en asinar co selo de Alan McGee Creation Records, pero o acordo cancelouse cando McGee non puido permitirse pagar a súa factura do estudio polo sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder".[1] A banda mudouse a Manchester en 1983, e o sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder" foi editado a través do selo Criminal Damage,[2] que tivo unha resposta positiva da crítica aínda que os problemas de distribución limitaron o seu impacto.[1]

Tras The Membranes, Robb formaría Sensurround e posteriormente Goldblade.

En 2009 a banda reformouse despois de que My Bloody Valentine lles pedise participar no festival All Tomorrows Parties. The Membranes gravaron entón o aclamado álbum Dark Matter/Dark Energy e tocaron en festivais por toda Europa. A banda foi aclamada pola prensa musical por unha serie de concertos que realizaron con coros en Estonia e Portugal, e co coro do British and Irish Modern Music Institute no Reino Unido.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Crack House 1983 Criminal Damage
The Gift of Life 1985 Creation Records
Giant 1986 Constrictor
Songs of Love and Fury 1986 In-tape
Kiss Ass... Godhead! 1988 Glass Records
To Slay The Rock Pig 1989 Vinyl Drip Records
Dark Matter/Dark Energy 2015 Cherry Red Records
Inner Space / Outer Space 2016 Louder Than War Records
What Nature Gives / Nature Takes Away 2019 Cherry Red Records
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Larkin, Colin: The Guinness Who's Who of Indie and New Wave Music, 1992, Guinness Publishing, ISBN 0-85112-579-4
  2. 2,0 2,1 2,2 Colin Larkin, ed. (1997). The Virgin Encyclopedia of Popular Music (Concise ed.). Virgin Books. p. 832. ISBN 1-85227-745-9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]