The Numismatist

The Numismatist
Exemplar de
The Numismatist (1948)

PaísEstados Unidos de América
Lugar Colorado Springs, Colorado.
LinguaInglés.
EspecialidadeNumismática
Fundación1888.
FundadorGeorge F. Heath.
Última ediciónVixente.
Desenvolvemento
EditorCaleb P. Noel.
EditorialAmerican Numismatic Association
PublicadorAmerican Numismatic Association.
Circulación
FrecuenciaMensual.
ISSN0029-6090
OCLC01713845
Na rede
http://www.money.org/communications/the-numismatist.aspx e https://reader.exacteditions.com/magazines/21950/issues/
editar datos en Wikidata ]

The Numismatist é unha revista numismática estadounidense de periodicidade mensual editada pola American Numismatic Association (ANA). A revista contén artigos acerca das moedas, as medallas, as fichas comerciais, os billetes e outras cuestións relacionadas coa numismática. Todos os membros da ANA reciben The Numismatist como parte dos beneficios da súa afiliación.

O primeiro exemplar da revista foi un folleto de catro páxinas publicado en 1888 polo coleccionista de moedas George F. Heath en Monroe, Míchigan, baixo o título orixinario de The American Numismatist,[1] aínda que xa no segundo número, publicado en marzo de 1890, se lle reduciu o nome ao actual The Numismatist [2] (durante unha breve época posterior titulouse tamén simplemente Numismatist).[3]

O 16 de xuño de 1908 Heath morreu repentinamente e o que daquela era presidente da American Numismatic Association, Farran Zerbe, asumiu o empeño de seguir editando The Numismatist, e de camiño lles comprou aos herdeiros de Heath a cabeceira, que era da súa propiedade. En 1911, o canadense de Montreal W. C. C. Wilson mercoulle ao novo propietario a titularidade de The Numismatist e púxoa ao dispor da ANA. Desde esa data a revista é propiedade da asociación e publícase con periodicidade mensual.[3][4]

En decembro de 2015, a ANA anunciou que concluíu a dixitalización de todos os números anteriores de The Numismatist desde o primeiro en 1888, o que supón un total de 110.000 páxinas.[5]

Á parte da súa difusión entre os socios da ANA, en outubro de 2019, a cadea de librarías Barnes & Noble anunciou que The Numismatist se vendería en máis de 600 dos seus establecementos por todo o país, para aumentar a súa circulación.[6]

En abril de 2020, a súa editora xefa Barbara J. Gregory retirouse logo de 32 anos no cargo e 39 anos como membro do equipo de dirección da revista, e foi sucedida por Caleb Noel.[7]

The Numismatist componse de varias seccións centradas nunha ampla variedade de temas, que se complementan coas cartas do presidente da ANA e do editor, e cun obituario dos membros da asociación finados nese período. Estas son algunhas das súas seccións fixas:[8]

  1. Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 1 (setembro-outubro 1888).
  2. Acceso en liña: The Numismatist, Vol. 2 (marzo 1990).
  3. 3,0 3,1 Klinger, D. (2011). "The American Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 14. Nº 2. 9 de xaneiro.
  4. "ANA History. 125 Years of Collecting with the American Numismatic Association". No sitio web da ANA.
  5. "ANA puts ‘The Numismatist’ issues online". En Numismatic News. 30 de novembro de 2015.
  6. "Barnes & Noble to sell The Numismatist". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 38. 22 de setembro de 2019.
  7. "Longest-Running Editor-in-Chief of ANA’s Numismatist Retires Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Week. 25 de marzo de 2020.
  8. Acceso en liña ao número actual: prema aquí.
  9. "Edward C. Rochette Money Museum". American Numismatic Association.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]