![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Valeriano Domínguez Bastida ![]() 15 de decembro de 1833 ![]() Sevilla, España ![]() |
Morte | 23 de setembro de 1870 ![]() Madrid, Spain, España ![]() |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José ![]() |
Outros nomes | Valeriano Bécquer ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Familia | |
Pai | José Domínguez Bécquer ![]() |
Irmáns | Gustavo Adolfo Bécquer ![]() |
Descrito pola fonte | Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1868-1869), (vol:1, p.176-177) ![]() |
![]() |
Valeriano Domínguez Bécquer, nado en Sevilla o 15 de decembro de 1833 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1870, foi un pintor español.
Era fillo do pintor José Domínguez Bécquer, sobriño do tamén pintor Joaquín Domínguez Bécquer e irmán do poeta Gustavo Adolfo Bécquer.
Iniciouse na pintura da man de seu pai, aínda que tamén tivo como mestre a Antonio Cabral Bejarano.
Trasladado a Madrid, foi seu irmán quen lle abriu as portas dos ambientes artísticos da capital española.
En 1864 recibiu do Goberno de España o encargo dunha serie de pinturas que reflectisen as festas populares, os costumes e os traxes típicos das distintas rexións españolas e que deron lugar a obras como "O baile", "Festa popular do Moncaio (Aragón)" ou "Costumes españois da provincia de Soria".
Con todo, un cambio do Goberno supuxo para o pintor abandonar o traballo ao ver suspendida a bolsa que tiña concedida para a súa realización.
Traballou como debuxante e ilustrador de importantes publicacións como La Ilustración Española y Americana, El Museo Universal e El Arte en España.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valeriano Domínguez Bécquer ![]() |
----
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |