![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Virginia Maestro Díaz ![]() 29 de setembro de 1982 ![]() Linares, España ![]() |
Educación | Universidade de Sevilla ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora ![]() |
Período de actividade | 2008 ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | Sony Music ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Virginia Maestro Díaz, nada o 29 de setembro de 1982[1] en Linares (Xaén), é unha cantante e cantautora andaluza. Deuse a coñecer no programa de televisión Operación Triunfo (2008). Arestora pertence ó grupo Labuat que ven sendo a voz cantante.
Virginia pasou a súa adolescencia entre Córdoba e Mairena del Aljarafe (Sevilla), cidade onde estudou Maxisterio musical[2] e na que foi Soprano do Coro da Universidade de Sevilla.[3]
Dende cativa toca a guitarra de xeito autodidacta despois de compó-la súa primeira canción ós 12 anos de idade[4]. Desde os 15 anos participou como vocalista en diversas bandas: Fundación Virginia, Little Vicky & the Shout Band, 7Funk, The Flik Flak Duo e Boogie Flu. Os seus proxectos musicais ampliábanse coa participación en multitude de jam sessions de jazz e blues, compartindo escenario con bandas tales como Black Jack Bob & the New Deal ou Mingo & The Blues Intruders, esta última do que fora armonicista de Caledonia Blues Band, Mingo Balaguer.[5]
O seu desexo de obter unha carreira discográfica[6] levoulle a se presentar ós castings da segunda e terceira edición de Operación Triunfo, así como ó que realizaba o grupo La Oreja de Van Gogh para elixir nova vocalista.[7]
Deuse a coñecer como concursante na sexta edición de Operación Triunfo. O seu estilo senlleiro e timbre vocal atraeu a un amplo e enchente apoio do público.
Os seus primeiros éxitos de vendas chegaron namentres estaba dentro do programa, cando a súa versión do tema Creep de Radiohead chegou ó número 1 de iTunes[8]. Os temas My baby just cares for me e Moonlight Shadow tamén acadaron o primeiro posto na devandita lista. Outros cinco dos temas gravados por ela: Lovefool, Cómo hablar, Isla de palma, I love to love e I'll stand by you chegron os postos 2, 19, 22, 30, e 56, respectivamente.
O 22 de xullo do 2008 proclamouse gañadora do concurso co 55% dos votos, conseguindo deste xeito un contrato discográfico con Sony BMG[9].
O 5 de decembro de 2008 anunciouse o nome baixo o cal editaría o seu primeiro traballo discográfico[10][11]. Así nacía Labuat, proxecto artístico que se define coma un "triángulo equilátero" composto por 3 vértices: The Pinker Tones, Risto Mejide e a propia Virginia Maestro. Presentouse oficialmente ós medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 4 de febreiro do 2009[12]. Froito deste proxecto é o seu álbum debut, de título homónimo, que foi publicado o 24 de febreiro do 2009 e debutou no posto número 2 das listas españolas.[13]
Ano | Categoría | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Disco do ano de TVE | Nomeada | |
Revelación do ano | Must! Awards | Nomeada |
Predecesor: Lorena Gómez |
Gañadores de Operación Triunfo 2008 |
Sucesor: Mario Álvarez |