Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1918 ![]() Bomporto, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de setembro de 2004 ![]() Turín, Italia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,66 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1959) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1936 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Vittorio Sentimenti, coñecido como Sentimenti III, nado en Bomporto o 18 de agosto de 1918 e finado en Turín o 27 de setembro de 2004, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista.
Era chamado Sentimenti III por ser o terceiro de cinco irmáns varóns, todos futbolistas, sendo os demais Ennio (I), Arnaldo (II), Lucidio (IV) e Primo (V). Tamén era coñecido co alcume de Ciccio.
Comezou a súa carreira cos equipos xuvenís do Modena a comezos da década de 1930, sendo convocado ocasionalmente para algúns partidos do primeiro equipo da Serie B entre 1933 e 1936. Pasou definitivamente ao primeiro equipo para a tempada 1936/37, permanecendo nas súas filas durante cinco anos, tres deles na Serie B e dous na Serie A. Na tempada 1940/41 coroouse como o máximo goleador da Serie B (con 24 goles, empatado co xogador do Brescia Renato Gei).
En 1941 fichou polo Juventus, na que militou oito anos.[1] Na súa primeira campaña proclamouse campión da Copa Italia, marcando un dos goles da final contra o Milan.[2] Xogou un total de 218 partidos oficias co club piemontés, nos que anotou 69 goles.
En 1949 foi traspasado á Lazio, onde xogou tres tempadas, flanqueado polos seus irmáns Lucidio e Primo.[3]
Na tempada 1952/53 fichou polo Torino, no que xogou catro anos, antes de regresar ao Modena no verán de 1956.[1] Rematou a súa carreira no Aosta, na liga de afeccionados, como xogador-adestrador en 1959, e dirixiu o club ata 1962.
No momento da súa retirada era un dos futbolistas con máis partidos na historia do fútbol italiano, con 421 partidos na máxima categoría, nos que marcou 94 goles, así como 88 encontros na Serie B con 44 goles.