Voo controlado contra o terreo

Restos do voo 901 de Air New Zealand, un accidente CFIT ocorrido en 1979

Un voo controlado contra o terreo (CFIT polas súas siglas en inglés) é un accidente no cal un avión, baixo o control do piloto, voa de xeito inadvertido contra o chan, unha montaña, unha masa de auga ou un obstáculo.[1] Nestas situacións a tripulación normalmente non é consciente do perigo ata que é demasiado tarde. O termo foi cuñado por enxeñeiros de Boeing a finais dos anos 70.[2]

Os accidentes onde o avión está fóra de control no momento do impacto, debido a un fallo mecánico ou a un erro do piloto, non son considerados voos controlados contra o terreo (estes son coñecidos como voo incontrolado contra o terreo). Tampouco entran dentro desta definición os accidentes resultantes por unha acción deliberada da persoa aos mandos, como actos de terrorismo ou suicidio do piloto.

Segundo Boeing, o CFIT é unha das principais causas de accidentes aéreos con vítimas mortais, producindo máis de 9 000 mortes dende o inicio da era dos reactores comerciais.[3] O CFIT foi identificado como a causa do 25% dos contratempos de Clase A na USAF entre 1993 e 2002.[4]

Accidentes destacados

[editar | editar a fonte]

Entre os accidentes máis coñecidos produto deste evento atópanse:

Accidente Data Lugar Avión
Traxedia de Superga 4 de maio de 1949 Turín, Italia Fiat G.212
Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia 13 de outubro de 1972 Andes Fairchild Hiller FH-227
Voo 901 de Air New Zealand 28 de novembro de 1979 Antártida McDonnell Douglas DC-10
Voo 011 de Avianca 27 de novembro de 1983 Comunidade de Madrid Boeing 747
Voo 610 de Iberia 19 de febreiro de 1985 Biscaia Boeing 727
Voo 410 de Avianca 17 de marzo de 1988 Cúcuta, Colombia Boeing 727
Voo 268 de PIA 28 de setembro de 1992 Katmandú, Nepal Airbus A300
Voo 501 de SAM Colombia 19 de maio de 1993 Medellín, Colombia Boeing 727
Voo 965 de American Airlines 20 de decembro de 1995 Buga, Colombia Boeing 757
Voo 251 de Faucett Perú 29 de febreiro de 1996 Lima, Perú Boeing 737
Voo 152 de Garuda Indonesia 26 de setembro de 1997 Pancur Batu, Indonesia Airbus A300
Voo 801 de Korean Air 6 de agosto de 1997 Guam Boeing 747
Accidente do Yak-42 en Turquía 26 de maio de 2003 Trebisonda, Turquía Yakovlev Yak-42
Voo 518 de Santa Bárbara Airlines 21 de febreiro de 2008 Venezuela ATR 42
Accidente do Tu-154 da Forza Aérea de Polonia 10 de abril de 2010 Smolensk, Rusia Tupolev Tu-154
Voo 812 de Air India Express 22 de maio de 2010 Mangalore, India Boeing 737
Voo 202 de Airblue 28 de xullo de 2010 Paquistán Airbus A321
Accidente do Sukhoi Superjet 100 en Indonesia 9 de maio de 2012 Indonesia Sukhoi Superjet 100
  1. Boeing (ed.). "Controlled flight into terrain". Archived from the original on 29 de xuño de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. Flight Training News (ed.). "Controlled Flight into Terrain". Archived from the original on 06 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. Boeing (ed.). "Boeing Training Aid Addresses Leading Accident Cause". Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  4. Air Force Magazine, febreiro de 2004