Warpaint | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 2004 - presente |
Xénero(s) | art rock, indie rock, dream pop |
Selo(s) discográfico(s) | Manimal Vinyl, Rough Trade |
Membros | Emily Kokal Theresa Wayman Jenny Lee Lindberg Stella Mozgawa |
Antigos membros | Shannyn Sossamon David Orlando Michael Quinn Josh Klinghoffer |
Na rede | |
warpaintwarpaint.com | |
Warpaint é unha banda estadounidense de art rock formada no Ánxeles (California) en 2004. Os seus membros son Emily Kokal (voces, guitarra), Theresa Wayman (guitarra, voces), Jenny Lee Lindberg (baixo, voces) e Stella Mozgawa (batería, voces). Tamén pasou polo grupo a actriz Shannyn Sossamon. O antigo guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante mesturou e masterizou o EP de estrea da banda, Exquisite Corpse, mentres saía con Emily. O seu primeiro álbum, The Fool, foi publicado o 25 de outubro de 2010. Recentemente lanzaron o seu segundo álbum de estudio, Warpaint, editado en xaneiro de 2014.
Warpaint creouse o 14 de febreiro do ano 2004 na cidade dos Ánxeles. A formación orixinal estaba formada polas amigas da infancia Theresa Wayman e Emily Kokal, xunto coas irmás Shannyn Sossamon e Jenny Lee Lindberg. A banda tocou na zona dos Ánxeles durante tres anos, compoñendo temas ("Stars", "Beetles" e "Elephants") que finalmente formarían o seu EP de estrea, Exquisite Corpse.
O grupo comezou a gravar o seu primeiro EP en decembro do ano 2007, ao lado do produtor Jacob Bercovici. As sesións de gravación duraron dúas semanas, e remataron coa mestura e masterización do entón guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante, que era mozo de Emily nese tempo. Warpaint auto-editou o EP no ano 2008 e este chegou rapidamente ao número 1 da lista de artistas locais de Amoeba Records. En 2009, Exquisite Corpse foi re-editado en todo o mundo a través do selo Manimal Vinyl coa aclamación da crítica. A canción "Elephants" apareceu na película independente de 2011 Siren, un filme de terror dirixido por Andrew Hull.
A batería Stella Mozgawa uniuse á banda no inverno do 2009. Pouco despois Warpaint asinou un contrato con Rough Trade Records, e inmediatamente comezou unha extensa xira polos Estados Unidos e Europa, na cal chegaron a abrir un concerto para The xx.
O 25 de outubro de 2010 a banda editou o seu álbum de estrea, The Fool. Antes do seu lanzamento, Warpaint contribuíu coa versión do tema "Ashes to Ashes" a We Were So Turned On, un álbum tributo a David Bowie publicado xunto con War Child.
No mes de novermbro a banda revelou que o tema "Shadows" sería o primeiro sinxelo do disco, aparecendo en vinilo de 12" e como descarga dixital o 10 de xaneiro do 2011. Unha remestura do sinxelo, "Shadows (Neon Lights Remix)", fíxose popular e chegou a soar na BBC Radio 1, como parte do In New Music We Trust.
Warpaint estivo de xira polos Estados Unidos e Europa na primavera e no verán do 2011 para promocionar o traballo. A banda tocou en varios grandes festivais como Bonnaroo, Glastonbury Festival, Reading and Leeds Festivals, Coachella Valley Music and Arts Festival, Rock Werchter e Electric Picnic.
No ano 2011 a reedición de "Undertow" chegou ao número 92 no Reino Unido, e ao 75 en Australia.
A principios do ano 2011 a batería Stella Mozgawa, nunha entrevista á revista NME, expresou a intención da banda de "experimentar e compoñer as unhas coas outras", xa que as actuais membros nunha escribiran cancións "dende cero" xuntas. A baixista Jenny Lee Lindberg indicou ademais que a meirande parte das cancións máis novas compuxéranse improvisando no escenario[1]. En febreiro de 2013 a guitarrista Theresa Wayman confirmou a NME que o grupo pretendía crear un son minimalista, revelando que estaban desenvolvendo cancións nas probas de son, e experimentando máis con guitarras acústicas e instrumentos de percusión no novo disco[2].
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Fool | 2010 | Rough Trade |
Warpaint | 2014 | Rough Trade |
Heads Up | 2016 | Rough Trade |