William Harris Ashmead

Modelo:BiografíaWilliam Harris Ashmead

William H. Ashmead
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1855
Filadelfia, Pensilvania
Morte17 de outubro de 1908
Washington D.C.
País de nacionalidadeestadounidense
Actividade
Ocupaciónentomólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaAshmead Editar o valor en Wikidata

William Harris Ashmead, nado o 19 de setembro de 1855 en Filadelfia e finado o 17 de outubro de 1908 en Washington D.C., foi un entomólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de reaiza os seus estudos en Filadelfia, Ashmead traballou para a editorial J. B. Lippincott & Co. Máis tarde, estableceuse en Florida onde creou a súa propia editorial dedicada á agricultura. Tamén lanzou o Florida Dispatch, un semanario agrícola que incluía unha sección dirixida a insectos prexudiciais.

En 1879 comezou a escribir artigos para publicacións científicas e, en 1887, foi nomeado entomólogo de campo, traballando no Ministerio de Agricultura de Florida.

O ano seguinte foi entomólogo na estación de investigación agrícola de Lake City, Florida. En 1889 volveu traballar no Ministerio de Agricultura.

Ao ano seguinte, e durante dous anos, viaxou, en particular a Alemaña, para perfeccionar os seus coñecementos entomolóxicos.

En 1895 obtivo o posto de axudante de conservación no Departamento de Entomoloxía do Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos, posto que ocupou até a súa morte.

Ashmead foi principalmente un entomólogo sistemático, que traballou en moitos grupos de insectos, sobre todo en himenópteros, e publicou aproximadamente 260 artigos en varias revistas científicas.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
Ilustración de Ashmead en The phylogeny of the Hymenoptera (1896)

Libros:

  • Monograph of the North American Proctotrypidae. (Bulletin of the US National Museum, nº 45) Washington: US GPO, 1893.[1]
  • Descriptions of New genera and species of Hymenoptera from the Philippine Islands. (Proceedings of the US National Museum, nº 29) Washington: US GPO, 1904.[2]

Artigos sobre a orde dos himenóperos:

  • "Studies on the North American Proctotrupidae, with descriptions of new species from Florida." Entomol. Am. 3: 73-76, 97-100, 117-119 (1887).
  • "Descriptions of some new genera and species of Canadian Proctotrupidae." Can. Entomol. 20: 48-55 (1888).
  • "Description of a new genus and new species of proctotrypid bred by Mr F.W. Urich from an embiid." J. Trin. Fld. Nat. Club 2: 264-266 (1895).
  • "The phylogeny of the Hymenoptera". Proc. Ent. soc. Washington, III: 326-336 (1896) .
  • "Classification of the pointed-tailed wasps, or the superfamily Proctotrypoidea.-III." J. N. Y. Entomol. Soc. 11: 86-99 (1903).
  • "Descriptions of new Hymenoptera from Japan-1." J. N. Y. Entomol. Soc. 12: 65-84 (1904).
  • Ashmead, William H. (1905). "A skeleton of a new arrangement of the families, subfamilies, tribes and genera of the ants, or the superfamily Formicoidea" (PDF). The Canadian Entomologist 37 (11): 381–384. 

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Ashmead emprégase para recoñecer a William Harris Ashmead como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazons externas

[editar | editar a fonte]