Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1871 Dundee, Reino Unido |
Morte | 29 de setembro de 1952 (80 anos) Coulsdon, Reino Unido (en) |
Presidente da Sociedade Linneana de Londres | |
1934 – 1937 ← Frederick Ernest Weiss (pt) – John Ramsbottom (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Dundee |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, biólogo mariño, zoólogo, malacólogo, carcinólogo e ilustrador científico |
Empregador | Universidade de Dundee Universidade de St Andrews |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Calman |
Premios | |
Membro da Sociedade Linneana de Londres Membro da Real Sociedade de Edimburgo Medalla linneana | |
William Thomas Calman, nado e Dundee o 29 de decembro de 1871 e finado en Coulsdon, Surrey, o 29 de setembro de 1952, foi un zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía.[1]
En 1909 escribiu a sección de crustáceos no Treatise on Zoology de Lankester, onde introduciu as superordes dos Eucarida, Peracarida e Hoplocarida, así como o concepto da facies caridoide, dun hipotético antepasado dos malacostráceos. Escribiu varias das entradas sobre crustáceos para a undécima edición da Encyclopædia Britannica. Tamén estableceu a actual división dos Branchiopoda nas catro ordes dos Anostraca, Notostraca, Conchostraca e Cladocera. En 1921 foi elixido Fellow da Royal Society.[1]
Desde 1927 a 1936 foi conservador encargado da sección de zooloxía do Museo Británico (Historia natural), hoxe Museo de Historia Natural de Londres.
Desde 1871 até a súa morte, en 1952 foi, o presidente da Sociedade Linneana de Londres, e foi galardoado cola Medalla linneana en 1946.
En 1937 foi nomeado doutor honoris causa pola universidade de St Andrews.
Calman faleceu en Coulsdon, en Surrey, o 29 de setembro de 1952.[2]
A abreviatura Colman emprégase para recoñecer a William Thomas Calman como autoridade na descrición e sistemática en zooloxía.