Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1806 Salford (pt) |
Morte | 24 de febreiro de 1872 (65 anos) Menton, Francia |
Lugar de sepultura | cimetière du Trabuquet (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Brasenose College, Oxford (pt) Rugby School |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby , inventor , clérigo , xogador de criquet |
Deporte | Rugby Crícket rugby a 15 |
Williams Webb Ellis, nado o 24 de novembro de 1806 en Salford (Inglaterra) e finado o 24 de febreiro de 1872 no sur de Francia, foi un crego anglicano, famoso por ser considerado o inventor dun importante deporte, o rugby. Na súa honra, dende 1987, o equipo que gaña a Copa do Mundo de Rugby recibe a Copa Webb Ellis.
Webb Ellis naceu en Salford, Lancashire (algunhas fontes din que naceu en Manchester, como o mesmo Webb Ellis dixo no censo de 1851). Williams foi o máis novo dos dous fillos de James Ellis, un oficial de cabalaría, e Webb Ann, con quen casou en 1804. Despois de que o seu pai morrera na Batalla de Albuera en 1811, a viúva Webb Ann Ellis decidiu cambiala súa residencia á localidade de Rugby, Warwickshire, para que Thomas, o irmán mais vello de Williams, puidese recibir educación de balde na Rugby School, á que tiñan dereito aqueles rapaces que vivisen nun radio de 10 millas ó redor da Torre do Reloxo de Rugby. Williams frecuentou a escola entre 1816 e 1825, e quedou rexistrado como un bo alumno e xogador de crícket. O incidente no que supostamente Webb Ellis colleu a pelota nos seus brazos durante un encontro de fútbol e correu con ela nas mans para marcar un tanto, aconteceu na segunda metade de 1823.
Despois de deixar a localidade de Rugby en 1826, foi ó Brasenose College de Oxford con 18 anos de idade. Alí xogou a crícket para a súa facultade, defendendo as cores da Universidade de Oxford fronte á Universidade de Cambridge en 1827. Despois de graduarse en 1829, entrou na igrexa anglicana, sendo capelán en Londres e máis adiante reitor en Magdalen Laver, Essex. O único retrato coñecido del apareceu no Illustrated London News, en 1854, despois de dar un sermón sobre o tema da Guerra da Crimea.
A única fonte sobre a historia de Webb Ellis collendo o balón coas mans nun encontro de fútbol é Matthew Bloxam, un anticuario local e antigo alumno de Rugby. O 10 de outubro de 1876 Bloxam escribiu un artigo para The Meteor (a revista da Rugby School) no cal narrou como, segundo unha fonte sen identificar, se levou a cabo o troco dun deporte que se xoga cos pés converténdose noutro que se xoga coas mans, troco que foi "... orixinado por un neno da cidade chamado Ellis, Webb Ellis".
O 22 de decembro de 1880, noutra carta a The Meteor, Bloxam elaborou a historia: