Winnipeg Warriors | |
---|---|
Fundación | 1980 |
Desaparición | 1984 (trasladado a Moose Jaw baixo o nome de Moose Jaw Warriors) |
Cidade | Winnipeg,![]() ![]() |
Estadio | Winnipeg Arena (10.100 espectadores) |
Liga | Western Hockey League |
Conferencia | Leste |
Campionatos | 0 |
Cores | Vermello, negro e branco |
Os Winnipeg Warriors foron un equipo júnior de hóckey sobre xeo da cidade de Winnipeg (Manitoba, Canadá) que xogou na Western Hockey League. O equipo foi fundado como equipo de expansión en 1980, mais sufriu problemas de asistencia ao competir cos Winnipeg Jets da National Hockey League (NHL), e finalmente trasladouse a Moose Jaw (Saskatchewan, Canadá) en 1984, converténdose nos Moose Jaw Warriors. Durante o tempo que xogaron en Winnipeg, o equipo xogou os seus partidos como local no Winnipeg Arena.
Nas catro tempadas que o equipo permaneceu na capital de Manitoba tan só conseguiu clasificarse nunha ocasión para os play-offs, feito que ocorreu na tempada 1982-83, cando foron barridos na primeira rolda polos Lethbridge Broncos por 3-0 na serie.[1] O rexistro dos Warriors na tempada 1983-84 de 9-63-0 é o segundo peor rexistro para unha tempada de 72 da historia da liga, e tan só os Victoria Cougars conseguiron un rexistro peor co seu 5-65-2 da tempada 1989-90.
Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, D = Derrotas, E = Empates, Pts = Puntos, GF = Goles a favor, GC = Goals en contra
Season | PX | V | D | E | Pts | GF | GC | Pos. | Play-offs |
1980–81 | 72 | 28 | 43 | 1 | 57 | 298 | 345 | 7th East | Non clasificado |
1981–82 | 72 | 23 | 48 | 1 | 47 | 285 | 388 | 8th East | Non clasificado |
1982–83 | 72 | 42 | 30 | 0 | 84 | 347 | 321 | 4th East | ![]() |
1983–84 | 72 | 9 | 63 | 0 | 18 | 239 | 580 | 8th East | Non clasificado |