Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917 e finado o 12 de xullo de 2018,[1] foi un médico e político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.
Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.[2]
En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[3]
Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.
Casou en xaneiro de 1952 con María Asunción Baltar Tojo, filla de Ramón Baltar Domínguez.[4]
Tivo unha irmá, falecida en 2009[5], e un irmán, o xurista Agustín Fernández Albor.
En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia. Tras ingresar en AP, Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.
En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira.[6][7]
O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.
Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.[8]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xerardo Fernández Albor ![]() |
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Predecesor: Xosé Quiroga Suárez |
![]() Presidente da Xunta de Galicia 1981 - 1987 |
Sucesor: Fernando González Laxe |