Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Abadín Iglesias 13 de marzo de 1987 (37 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de carreiras , piloto de automobilismo |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | automobilismo |
Xosé Luís Abadín, nado en Ourense o 13 de marzo de 1987, é un piloto de automobilismo galego.
No ano 2001 iniciouse no mundo do karting[1], competindo durante cinco edicións consecutivas no Campionato galego de kárting: en 2004 consegue o seu primeiro bronce final e en 2005 faise co campionato. Ese mesmo ano tamén conseguiu o Campionato de kárting de Castela e León.[1]
En 2006 e 2007 participou no campionato - escola Master Júnior Fórmula, promovido por Emilio de Villota, e en 2008 deu o salto á Fórmula 3 española co equipo madrileño Novo Team, pilotando un Dallara F308.[1] Porén, en setembro dese ano, e a metade de tempada, Abadín tivo que deixar de competir por problemas orzamentarios.[2] En 2008 asinou de novo con Novo Team nesa categoría [3].