![]() (2010) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marie-Annick Bellon ![]() 6 de abril de 1924 ![]() Biarritz (Francia) ![]() |
Morte | 2 de xuño de 2019 ![]() 18º distrito de París, Francia ![]() |
Educación | Institut des Hautes Études Cinématographiques (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, produtora, guionista, montador, realizadora ![]() |
Familia | |
Nai | Denise Bellon ![]() |
Irmáns | Loleh Bellon ![]() |
Descrito pola fonte | Yannick Bellon, French Director With Feminist Bent, Dies at 95 (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Marie-Annick Bellon, coñecida publicamente como Yannick Bellon, nada en Biarritz (Pireneos Atlánticos) o 6 de maio de 1924 e finada en París o 2 de xuño de 2019, foi unha directora de cine francesa.[1]
Proviña dunha familia de artistas próximos ao movemento surrealista. Era filla da fotógrafa Denise Bellon (coñecida polas súas achegas documentais sobre o surrealismo e as súas reportaxes de viaxes) e sobriña do cineasta e actor Jacques Brunius.
As súas películas abordaron temas polémicos na sociedade: a violación, o cancro, a bisexualidade e alimentaron debates e controversias.[2]
Comeza primeiro a dirixir curtametraxes. A súa segunda longametraxe destaca especialmente: La Femme de Jean (1974) película na que a protagonista tenta reconstruír a súa vida despois do seu divorcio. En L'Amour Violé (1978) con Nathalie Nell, Pierre Arditi e Daniel Auteuil efectúa a autopsia dunha violación e a readaptación posterior. A película tivo dificultades para atopar un produtor mais foi amplamente vista e xerou unha importante polémica.[2] En 1981 estrea L'Amour nu sobre a historia dunha muller con cancro de mama que esconde a súa enfermidade ao home do que está namorada. Tres anos despois, con La Triche, Victor Lanoux encarna o papel dun comisario de policía, pai de familia, que non ten problema en lucir os seus enredos amorosos con mulleres mais, porén, esconde coidadosamente as relacións cos homes.[2]
A súa irmá Loleh Bellon é actriz dramática. Era tamén tía de Jaime Semprún.
No ano 1974 gañou a Concha de prata á mellor dirección do Festival Internacional de Cine de Donostia por La femme de Jean.[3]